Os ácidos sólidos son ácidos que non se disolven no medio de reacción. Utilízanse a miúdo na catálise heteroxénea.
Exemplos A maioría dos ácidos en estado solido son ácidos orgánicos, como o ácido oxálico, ácido tartárico, ácido cítrico, ácido maleico, etc. Exemplos inorgánicos son os silico-aluminatos (ceolitas, alúmina, silico-alumino-fosfato), e circonia sulfatada. Moitos óxidos de metais de transición son ácidos, incluíndo os de titanio, circonio e niobio. Ditos ácidos son utilizados no cracking. Mitos ácidos de Brønsted sólidos tamén se empregan industrialmente, como o polistireno sulfonado, o ácido fosfórico sólido, o ácido nióbico e os heteropolioxometalatos.Busca, Guido "Acid Catalysts in Industrial Hydrocarbon Chemistry" Chemical Reviews 2007, volume 107, 5366-5410.
Aplicacións
Os ácido sólidos úsanse en catálises en moitos procesos químicos industriais, desde o cracking catalítico a larga escala no refinado do petróleo para a síntese de varios compostos químicos valiosos.
Unha aplicación a larga escala é a alquilación, por exemplo, a combinación de benceno e etileno para orixinar etilbenceno. Outra aplicación é o rearranxo da ciclohexanona oxima a caprolactama.Michael Röper, Eugen Gehrer, Thomas Narbeshuber, Wolfgang Siegel "Acylation and Alkylation" in Ullmann's Encyclopedia of Industrial Chemistry, Wiley-VCH, Weinheim, 2000. Moitas alquilaminas prepáranse por aminación de alcohois, catalizada por ácidos sólidos. miniatura|A ceolita, ZSM-5 é amplamente usada como catalizador ácido sólido.
Os ácidos sólidos poden utilizarse como electrólitos nas células de combustible.
Notas
Categoría:Ácidos