Os Xogos Olímpicos de Verán de 1960 foron realizados en Roma, a Cidade Eterna, capital de Italia, cincuenta e dous anos despois de desistir da organización dos Xogos por causa dunha erupción do volcán Vesuvio, que consumiu a maior parte dos recursos do Estado na atención das vítimas da catástrofe. Tendo finalmente a súa oportunidade, os romanos aproveitaron para xuntar a tradición antiga dos gregos coa súa propia antiga e dramática historia. As competicións de levantamento de peso realizáronse na Basílica de Maxentius, a ximnasia nas Termas de Caracalla e o Arco de Constantino, o famoso monumento en homenaxe ó primeiro emperador romano cristián, marcou a chegada do maratón.
Abertos o 25 de agosto e rematando o 11 de setembro, os Xogos de Roma tiveron a participación de 5.338 atletas, entre eles 611 mulleres, representando a 83 estados dos cinco continentes e foron transmitidos en vivo por máis de cen canles de televisión de 18 países de Europa e mostrados en vídeo tape horas despois nos Estados Unidos, o Canadá e o Xapón.
Modalidades disputadas miniatura|240px|Participantes Atletismo. Baloncesto. Boxeo. Piragüismo. Ciclismo. Esgrima. Fútbol. Ximnasia. Halterofilia. Hipica. Hóquei sobre herba. Loita. Natación. Péntatlon moderno. Wáter-polo. Remo. Saltos de trampolín. Tiro. Vela.
Cadro de medallas
Cadro de Medallas 50px Posición País Gold Silver Bronze Total 1 20px URSS432931103 2 20px Estados Unidos34211671 3 20px Italia13101336 4 20px Equipo Unido de Alemaña12191142 5 20px Australia88622 6 20px Turquía7209 7 20px Hungría68721 8 20px Xapón47718 9 20px Polonia461121 10 20px Checoslovaquia3238
Notas
Categoría:Deporte en 1960 Categoría:Xogos Olímpicos