miniatura|Bandeira dos baluchis. miniatura|250px|Os principais grupos étnicos da rexión no ano 1980, os baluchis están sinalados en rosa.

O nacionalismo baluchi é o nacionalismo que afirma que o pobo baluchi, grupo étnico de Paquistán, Irán e Afganistán, é unha nación distinta. O movemento afirma a idea de que os musulmáns non son unha nación e que lealdade étnica está por enriba da lealdade relixiosa. Esta ideoloxía oponse ó concepto da creación de Paquistán, o cal foi desafiado tanto pola guerra civil de 1971 en Paquistán Oriental como pola discriminación que moitos mohajir sufriron historicamente dentro de Paquistán.

The News International informou no ano 2012 que unha enquisa local da organización "Gallup" revelou que a maioría dos baluchis non apoian a independencia de Paquistán. A enquisa reflicte que o 37% dos baluchis estaban a prol da independencia. Entre os paxtos de Baluchistán o apoio á independencia era aínda menor, co 12%. Porén, unha maioría (o 67%) da poboación de Baluchistán estaban a prol dunha maior autonomía provincial. Unha enquisa de 2009 do Centro de Investigación Pew revelou que o 58% dos preguntados en Baluchistán escolleron ″paquistaní″ como o seu principal xeito de identificación, mentres que o 32% escolleu a súa etnia e un 10% escolleu ambos.

Notas

Véxase tamén Bibliografía In Afghanistan's Shadow: Baluch Nationalism and Soviet Temptations, Selig Harrison, Carnegie Endowment for International Peace, Nova York, 1981 Baluch Nationalism and Superpower Rivalry, Selig Harrison , International Security, Vol. 5 No. 3 (inverno de 1980-1981) pp 152–163 Knights, Not Pawns: Ethno-Nationalism and Regional Dynamics in Post-Colonial Balochistan, Paul Titus e Nina Swidler, International Journal of Middle East Studies, Vol. 32, No. 1 (febreiro de 2000), pp. 47–69

Categoría:Nacionalismo baluchi