O Teatro Circo Emilia Pardo Bazán foi un centro de representación escénica situado na cidade da Coruña. Foi inaugurado o 11 de abril de 1903 e demolido en 1915.
Historia miniatura|Sede da autoridade portuaria da Coruña, no soar en que estivo situado o Teatro Circo O Teatro Circo Emilia Pardo Bazán foi deseñado polo arquitecto bilbaíno Atanasio Anduiza modificado por Pedro Mariño. Localizábase na avenida da Mariña, en terreos do porto, onde entre 1888 e 1901 estivo situado o Circo Coruñés. Inicialmente íase chamar Teatro Circo Concepción Arenal, mais o fillo da homenaxeada rexeitou a idea. O 15 de abril de 1902, o presidente da sociedade do teatro, Juan Rodríguez Montero, informou do nome definitivo, dedicado a Emilia Pardo Bazán.
A inauguración tivo lugar o 11 de abril de 1903 coa obra La Tempestad. Xa durante ese ano ofrecéronse tamén sesións de cinema.
O Teatro Circo estaba situado xunto ao municipal Teatro Principal e para evitar a competencia na concesión incluíronse cláusulas en favor do teatro municipal. Por este motivo, viuse obrigado ao peche e o 4 de decembro de 1912 aprobouse a súa adquisición para convertelo na Escola Superior de Comercio. Finalmente, o 15 de setembro de 1915 o concello aprobou a demolición do teatro.
Descrición O edificio medía 50 metros de lonxitude e 30 metros de largo. A fachada estaba inspirada nos teatros italianos, cun frontón triangular sustentado por columnas de estilo corintio e un pórtico para gorecer o público. A pista contaba con 450 butacas, e a capacidade total era de 1800 espectadores.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas Reconstrución virtual
Categoría:Teatros da Coruña Categoría:Salas de cinema Categoría:Edificacións desaparecidas Categoría:Emilia Pardo Bazán