Fintan McCarthy, nado en Skibbereen, no condado de Cork, o 23 de novembro de 1996, é un remeiro irlandés. É un campión nacional irlandés, mundial e olímpico. Gañou o Campionato do Mundo de Remo de 2019 na categoría de sculls dobres lixeiros xunto con Paul O'Donovan, e nos Xogos Olímpicos de 2020 celebrados en Toquio, McCarthy e O'Donovan conseguiron a medalla de ouro e estabeleceron unha nova marca mundial na proba. Tamén gañou a medalla de bronce en sculls individuais lixeiros no Campionato de Europa de Remo de 2020.
Notas
Categoría:Nados en 1996 Categoría:Remeiros olímpicos de Irlanda Categoría:Remeiros nos Xogos Olímpicos de 2020 Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 2020 Categoría:Medallistas olímpicos de ouro por Irlanda Categoría:Medallistas olímpicos en remo