Silifke (en grego: Σελεύκεια, Seleúkeia; en latín: Seleucia ad Calycadnum) é unha cidade e distrito de Turquía situada nas beiras do río Göksu, no centro-sur da provincia de Mersin, na rexión do Mediterráneo.
Xeografía O distrito ocupa unha extensión de 2 571,84 km<small>2</small> e, no ano 2012, tiña unha poboación de 114 238 habitantes, polo que súa densidade de poboación, nese ano, era de 44 hab./km<small>2</small>
Historia Silifke chamábase na antigüidade Seleúkeia (grego) e Seleucia ad Calycadnum (latín). Foi citada en ocasións por autores clásicos como Seleucia Cilicia, Seleucia Isauria, Seleucia Trachea ou Seleucia Tracheotis
Foi fundada no século III a.C. por Seleuco I Nicátor, un dos xenerais de Alexandre Magno, co nome de Seleucia.Chisholm, Hugh, ed. (1911): "Seleucia". Na Encyclopædia Britannica. Vol. 24 (11ª ed.). Cambridge University Press, páx. 603.
A cidade, que tiña unha poboación abundante en tempos de Estrabón, foi o berce dos filósofos peripatéticos Ateneo o Mecánico e Xenarco.Mª Paz de Hoz García-Bellido (2003): Estrabón. Geografia. Libros XI-XIV. (Libro XIV,5,4, páx. 562, nota 270). Madrid: Gredos. ISBN 978-84-2492-373-0.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Guía e fotos de Silifke .
Categoría:Cidades de Turquía