miniatura|150px|Murchisonella africana, especie descrita en 2013 por Peñas e Rolán Anselm Peñas, nado en Sitges en 1943, é un malacólogo español.
Traxectoria Membro da Associació Catalana de Malacologia, da Sociedad Española de Malacología e da Societá Italiana di Malacologia, colaborou, entre outras institucións, co Museo Nacional de Ciencias Naturales de Madrid, co Museo Nacional de Historia Natural de Francia de París, co Natural History Museum of United Kindom de Londres, e co Zoologisches Museum de Berlín.
Segundo o Rexistro Mundial de Especies Mariñas (WoRMS), Anselm Peñas é un dos dous principais autores, xa que describiu máis especies desde o ano 2000 até o 2017.
Describiu 748 novas especies, e 6 novos xéneros (Afroturbonilla, Bouchetmella, Helodiamea, Perheida, Ovalina e ''Maricarmenia).
Numerosas das moitas descricións de especies fíxoas coa colaboración do seu colega galego Emilio Rolán.
Categoría:Científicos de España Categoría:Malacólogos de España Categoría:Nados en Sitges Categoría:Nados en 1943