En homeopatía a dilución homeopática (coñecida polos seus practicantes como "dinamización" ou "potenciación") é o proceso polo cal unha substancia é diluída en alcohol ou auga destilada e despois sacudida vigorosamente nun proceso denominado "sucusión". Tradicionalmente as preparacións utilizadas están extremadamente diluídas. Os sólidos insolubles, como o cuarzo ou a cuncha de ostra, son diluídos triturándoos xunto con lactosa (trituración). O fundador da homeopatía, Samuel Hahnemann (1755–1843), afirmaba que o proceso de sucusión activaba o que el chamaba "enerxía vital" da substancia diluída, e que as sucesivas dilucións incrementaban (en lugar de diminuír) a "potencia" da preparación, aínda que outras ramas da homeopatía (como a de Schuessler) non estaban de acordo con isto.

Este concepto considérase pseudocientífico pola comunidade científica, porque, nas dilucions elevadas que normalmente se usan en homeopatía, virtualmente non é probable que queden moléculas do material orixinal.

Introdución

O fundador da homeopatía, Samuel Hahnemann observou que as doses nin diluídas de medicamentos causaban ás veces reaccións perigosas, polo que especificaba que as preparacións se desen ás doses máis baixas posibles. Para contrarrestar a esperable redución de potencia en dilucións altas estaba convencido que era necesario darlle á preparación unhas vigorosas sacudidas e golpes sobre unha superficie elástica (proceso denominado sucusión). Dise que Hahnemann chegou a esta conclusión despois de ver que as preparacións que estiveran suxeitas á axitación do tránsito, ao seren transportadas en bolsas ou en carruaxes, eran máis "potentes". Hahnemann tiña para isto un obxecto feito por un construtor de selas, un taboleiro de golpeo especial de madeira cuberto de coiro por un lado e chea de pelos de cabalo. O proceso de dilución e sucusión denomínase en homeopatía "dinamización" ou "potenciación". Na fabricación industrial de remedios homeopáticos isto pode facerse cunha máquina. Hai opinións diverxentes sobre o número de golpes e a súa forza que hai que dar e algúns practicantes da homeopatía discuten a necesidade de realizar a sucusión. Non existen ensaios de laboratorio sobre a sucusión e a importancia e técnicas desta non poden determinarse con ningunha certeza consultando a literatura científica.

Escalas de potencia miniatura|upright=.60|Este frasco contén Arnica montana D6, é dicir a dilución nominal é de unha parte por millón (106).

En homeopatía utilízanse regularmente varias escalas logarítmicas de dilución. Hahnemann creou a escala "centesimal" ou "escala C", diluíndo unha substancia nun factor de 100 en cada etapa. Hai tamén unha escala de dilución decimal (notada como "X" ou "D") na cal a preparación se dilúe nun factor de 10 en cada etapa. A escala centesimal foi a preferida por Hahnemann durante a maior parte da súa vida, aínda que nos seus últimos dez anos Hahnemann desenvolveu tamén a escala quintamilesimal (Q), que dilúe a droga ata 1 parte en 50.000 A maior dilución que razoablemente ten probabilidades de conter polo menos unha molécula da substancia orixinal é de arredor de 12C.

As disolucións homeopáticas realízanse por medio de dilucións sucesivas. Nunha dilución 2C a substancia está diluída en 1 parte en 100, e despois parte desa solución diluída é diluída de novo noutro factor de 100. Isto orixina que na solución haxa só unha parte da substancia orixinal en cada 10.000 partes da solución. Unha dilución 6C repite este proceso seis veces, acabando co material orixinal diluído por un factor de 100−6=10−12. As dilucións maiores seguen tamén este mesmo proceso. En homeopatía, unha solución que está máis diluída dise que ten maior potencia, e as substancias máis diluídas son consideradas polos homeópatas como de acción máis forte e profunda. O produto final está a miúdo tan diluído que é indistinguible do disolvente (normalmente etanol ou auga pura para os líquidos, e lactosa para os sólidos insolubles).

Hahnemann avogaba por dilucións 30C para a maioría dos tratamentos (isto é unha dilución nun factor de 1060). Hahnemann utilizaba habitualmente dilucións de ata 300C, pero opinaba que "debería haber un límite para a materia". Canto máis diluídas e, por tanto, menos substancia teñen (ás veces ningunha), as dilucións considéranse polos homeópatas máis "potentes", fortes e de acción máis profunda. No tempo de Hahnemann era razoable asumir que as preparacións podían ser diluídas indefinidamente, xa que o concepto de átomo ou molécula como a menor unidade posible de substancia química só estaba empezando a recoñecerse. Agora sabemos que a maior dilución na que é razoable pensar que probablemente contén unha molécula da substancia orixinal é de 12C, se empezamos por 1 mol de substancia orixinal (ver constante de Avogadro).

Algúns homeópatas desenvolveron unha escala decimal (D ou X), diluíndo a substancia ata dez veces o seu volume orixinal en cada etapa. A escala de dilución D ou X é, por tanto, a metade que a escala C; por exemplo, "12X" ten o mesmo nivel de dilución que "6C". Hahnemann nunca utilizou esta escala, mais era moi utilizada no século XIX e aínda o é en Europa hoxe. Esta escala de potencia parece que foi introducida na década de 1830 polo homeópata americano Constantine Hering. Nos últimos dez anos da súa vida Hahnemann diesenvolveu a escala quintamilesimal (Q) ou LM diluíndo a substancia en 1 parte en cada 50.000 partes de disolvente. O valor numérico dunha dilución a escala Q sería aproximadamente 2,35 veces menos que o valor dunha disolución equivalente na escala C. Por exemplo, unha preparación descrita como "20Q" ten aproximadamente a mesma concentración que a descrita como "47C". Se unha dilución se designa como q na escala Q e como c na escala, entón c/q=log10(50.000)/2=2,349485.

Potencias de 1000C e maiores son xeralmente etiquetadas co número romano M e co indicador centesimal 'C' as equivalencias serían: 1M = 1000C; 10M = 10,000C; CM = 100,000C. Normalmente non se usa LM (que indicaría 50.000C) debido á posible confusión coa escala LM de potencia.

A seguinte táboa é unha sinopse na que se comparan as escalas de dilución X e C e iguálanse para unha dilución equivalente. Porén, a comprensión homeopática destes principios non se explica por dilución senón por "potenciación", por tanto, non se pode asumir que as diferentes potencias poden ser igualadas baseándose na equivalencia dos factores de dilución.

Escala X (ou D) Escala C Proporción Nota 1X ― 1:10 descrita como de baixa potencia 2X 1C 1:100 considerada polos homeópatas de maior potencia que 1X 6X 3C 10−6 8X 4C 10−8 12X 6C 10−12 24X 12C 10−24 Ten un 60% de probabilidade de conter unha molécula do material orixinal se se utilizou inicialmente un mol da substancia orixinal. 26X 13C 10−26 Se se utilizou auga pura como disolvente, non permanece ningunha molécula da solución orixinal na auga. 60X 30C 10−60 Dilución preferida por Hahnemann para a maioría dos propósitos: como media, isto requiriría darlle dous mil millóns de doses por segundo a seis mil millóns de persoas durante 4 mil millóns de anos para que algún dos pacientes recibise unha soa molécula do material orixinal. 400X 200C 10−400 Dilución que ten a popular preparación homeopática contra a gripe OscillococcinumNota: a "escala X" tamén se chama "escala D" (decimal). 1X = 1D, 2X = 2D, etc.

Dilucións

A dilución en serie dunha solución ten como resultado, despois de cada paso de dilución, que queden cada vez menos moléculas da substancia orixinal por litro de disolución. Finalmente, unha solución quedará diluída máis alá da posibilidade de poder atopar polo menos unha soa molécula da substancia orixinal nun litro do produto da disolución final. Tamén se pode utilizar para facelas o "método korsakoviano". Neste método o recipiente no cal se elaboran as preparacións é baleirado, volto a encher con solvente, co volume de fluído adherido ás paredes do recipiente xulgado suficiente para o novo lote. O método korsakoviano denomínase ás veces como K nas etiquetas das preparacións homeopáticas. Outro método é a fluxión, no cal se dilúe a substancia ao facer pasar continuamente auga por un vial. Os sólidos insolubles como o granito, cinabrio, diamante e platino, son diluídos triturándoos xunto con lactosa ("trituración").

O límite molar

Se comezamos cunha disolución de 1 mol/L dunha substancia, a dilución requirida para reducir o número de moléculas a menos dunha por litro é 1 parte en 1×1024 (24X ou 12C), xa que: 6,02×1023/1×1024 = 0,6 moléculas por litro

As dilucións homeopáticas que superan este límite (equivalente aproximadamente a unha concentración 12C) é improbable que conteñan nin sequera unha soa molécula da substancia orixinal e as disolucións aínda máis diluídas non conteñen xa ningunha cantidade detectable. A ISO 3696 (auga para o uso en laboratorio analítico) especifica unha pureza de 10 partes por mil millóns ou 10×10−9 ; esta auga non pode conservarse en recipientes de cristal ou plástico, xa que soltan impurezas na auga, e os recipientes de vidro deben ser lavados con ácido fluorhídrico antes do seu uso. Dez partes por mil millóns equivalen a unha dilución homeopática de 4C.

Analoxías

Os críticos e partidarios da homeopatía por igual frecuentemente intentan ilustrar o significado das dilucións usadas na homeopatía por medio de analoxías. As altas dilucións usadas caracteristicamente adoitan considerarse o aspecto máis controvertido e improbable da homeopatía.

Un dos exemplos dados di que unha disolución 12C é equivlente a botar unhas "areíñas de sal nos océanos Atlántico Norte e Sur", o cal é aproximadamente correcto.Unha disolución 12C de cloruro de sodio (o sal común ou de mesa chamado en homeopatía natrum muriaticum) é o equivalente a disolver 0,77 g de sal de mesa nun volume de auga do tamaño do océano Atlántico, xa que o volume do océano Atlántico e os seus mares adxacentes é de 3,55×108 km3 ou 3,55×1020 L : Un terzo dunha pinga dunha substancia orixinal diluída en toda a auga que contén o planeta Terra produciría unha preparación cunha concentración de aproximadamente 13C.O volume de toda a auga da Terra é de aproximadamente 1,36×109 km3: Gleick PH, Water resources, En

Un tratamento homeopático moi popular da gripe é unha preparación cunha disolución 200C de fígado de pato, comercializado co nome Oscillococcinum. Como só hai uns 1080 átomos en todo o universo observable, unha dilución dunha soa molécula dun produto en todo o universo observable sería de aproximadamente 40C. Oscillococcinum necesitaría 10320 veces máis átomos para simplemente ter unha soa molécula na substancia final.

Outra ilustración das dilucións usadas nas preparacións homeopáticas comúns é comparar a disolución homeopática con disolver unha substancia nunha piscina.Review, critique, and guidelines for the use of herbs and homeopathy, James Glisson, Rebecca Crawford and Shannon Street, Nurse Practitioner, April 1999. An Open Letter to ABC News 20/20 with Barbara Walters and John Stossel (Archive link, arquivado o 3 de novembro de 2006) Hai unhas 1032 moléculas de auga nunha piscina olímpica e se esa piscina se enche ata ariba cunha preparación homeopática 15C, para ter un 63% de posibilidades de tomar polo menos unha molécula da substancia orixinal, habería que beber o 1% do volume da piscina, o que aproximadamente serían 25 toneladas métricas de auga.Section 5.3 , Beginning Algebra, 10/E, Margaret L. Lial, John Hornsby, Terry McGinnis, Addison-Wesley, Copyright: 2008, Published: 01/02/2007,

Explicacións propostas