Bonifaci Calvo (Bonifaz de Xénova nos cancioneros) foi un trobador xenovés do século XIII, compositor de lírica provenzal e lírica galego-portuguesa.
Traxectoria Trobador de orixe xenovesa que puido chegar a Sevilla co embaixador Nicolás Calvo, documentado no repartimento de Sevilla e que logrou en 1251 que Fernando III permitise a continuidade dunha colonia xenovesa establecida en Sevilla na época de dominio musulmán. Catro das súas composicións provenzais conteñen referencias a feitos ocorridos entre 1252 e 1255, xa durante o reinado de Afonso X. Estas composicións e a dedicatoria ao monarca de parte das súas cantigas de amor provenzais, son indicios de que puido pasar bastantes anos na corte castelá. Cara ao 1266 aparece documentado de novo en Xénova, polo menos até 1273, onde se perde o rastro documental.
Obra Consérvanse 18 composicións en occitano e dúas cantigas de amor en galego-portugués, ademais dunha composición plurilingüe coñecida como Un nou sirventes ses tardar, sirventés composto en occitano, galego-portugués e francés.
Notas
Categoría:Trobadores en galego-portugués