Santiago de Bidouredo é unha parroquia do concello lugués de Monterroso. Segundo o padrón municipal (INE) en 2013 tiña 46 habitantes (22 homes e 24 mulleres), dezaseis menos ca en 1999.
Xeografía Está situada a carón do río Lavandelo. Tan só dous dos seus barrios están habitados (o de Moreiras e o propio Bidouredo).
Patrimonio A igrexa parroquial é un templo románico dedicada a Santiago o Maior que pode observarse desde a estrada de Palas de Rei. Preto de Bidouredo atópase a parroquia de Esporiz e o barrio dos Olmos.
Galería de imaxes
Lugares e parroquias Lugares de Bidouredo
Parroquias de Monterroso
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Monterroso
Categoría:Parroquias de Monterroso Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de Santiago o Maior