Johann Wilhelm Spengel, nado o 19 de febreiro de 1852 en Hamburgo, e finado o 13 de abril de 1921 en Giessen, foi un zoólogo alemán especializado en helmintoloxía.

Traxectoria Tras acabar o seu abitur (bacharelato), Spengel estudou bioloxía e despois do seu doutoramento e habilitación foi profesor da Justus-Liebig-Universität de Gießen.

En 1886 comezou a traballar como editor da revista profesional Zoologische Jahrbücher. Ao mesmo tempo foi director do Instituto Zoolóxico de Gießen.

Durante a súa vida estivo activo durante moitos anos, e foi promotor da taxonomía de August Kohler dos moluscos con cuncha (1893), así como de Jan Versluys, pola súa investigación sobre o oído dos lacertilios e as tuataras (1898).

En 1887 foi elixido membro da Leopoldina.Leopoldina: Wilhelm Spengel. Ano de elección, 1887. Sección, Zooloxía .

Entre 1897 e 1898, Spengel foi reitor da Ludwigs-Universität de Gießen.

Algunhas publicacións Die Darwinsche Theorie: Verzeichnis (1872). Die Enteropneusten des Golfes von Neapel und der angrenzenden Meeresabschnitte (1893). Zweckmässigkeit und Anpassung (1898). Über Schwimmblasen, Lungen und Kiementaschen der Wirbeltiere (1904). Neue Beiträge zur Kenntniss der Enteropneusten. Eine neue Enteropneustenart aus dem Golf von Neapel (1904).

Ademais, traduciu ao alemán e obra de Thomas Huxley A Manual of the Anatomy of Vertebrated Animals, que en Alemaña se titulou Grundzüge der Anatomie der wirbellosen Tiere.

Taxons descritos A Spengel débense as descricións de varios taxons, entre eles, Euthyneura.Spengel J. W. (1881): "Die Geruchsorgane und des Nervensystem der Mollusken". Zeitschrift für wissenschaftliche Zoologie 35 (3): 333-383.

Abreviatura A abreviatura Spengel emprégase para recoñecer a Johann Wilhelm Spengel como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Biografía en Nordisk familjebok .

Categoría:Nados en Hamburgo Categoría:Nados en 1852 Categoría:Finados en 1921 Categoría:Zoólogos de Alemaña Categoría:Profesores da Universidade de Giessen