Archidoris pseudoargus, hoxe clasificada como Doris pseudoargus,Archidoris pseudoargus (Rapp, 1827) no WoRMS. Consultada o 13 de abril de 2022. é unha especie de molusco opistobranquio da orde dos nudibranquios, suborde dos doridinios, infraorde dos doridoideos, superfamilia dos Doridoidea e familia dos dorídidos, unha das integradas hoxe no xénero Doris.Doris Linnaeus, 1758 no WoRMS. Consultada o 13 de abril de 2022.

Taxonomía Descrición A especie foi descrita en 1827 polo médico e naturalista de Württemberg Wilhelm Ludwig Rapp no seu traballo:Doris pseudoargus Rapp, 1827 no WoRMS. Consultada o 13 de abril de 2022. Rapp, W. L. (1827): "Ueber das Molluskengeschlecht Doris und Beschreibung einiger neue Arten derselben". Nova Acta Academiae Caesareae Leopoldino-Carolinae Naturae Curiosorum 13 (2): 513-522.

Sinónimos Ademais de polo seu nome actualmente válido, a especie coñeceuse tamén polos sinónimos: Archidoris pseudoargus (Rapp, 1827) Archidoris tuberculata (Müller, 1778) sensu Cuvier, 1804 Doris areolata Stuwitz, 1836 Doris brittanica G. Johnston, 1838 Doris flavipes Leuckart, 1828 Doris leuckarti Delle Chiaje, 1841 Doris leuckartii Delle Chiaje, 1841 Doris mera Alder & Hancock, 1844 Doris schembrii Vérany, 1846 Doris tuberculata Cuvier, 1804

Distribución Esta especie foi descrita a partir dun espécime recollido en Le Havre, Sena Marítimo, Francia. Un neotipo foi descrito en 2002 baseándose nun exemplar de Locmariaquer, na costa atlántica de Francia.Valdés Á. (2002): "A phylogenetic analysis and systematic revision of the cryptobranch dorids (Mollusca, Nudibranchia, Anthobranchia)". Zoological Journal of the Linnean Society. 136: 535-636. Encóntrase na costa europea, desde Noruega até España, e no mar Mediterráneo desede a xona intermareal até os 300 m de profundidade.

Características Doris pseudoargus pode alcanzar os 120 mm de lonxitude. Seu corpo é ovalado e algo consistente ao tacto, de xeito semellante ao de Doris verrucosa, aínda que ten os tubérculos pouco diferenciados e máis pequenos, polo que a súa aparencia é de que é liso. O manto presenta unha gran variedade de coloracións; pódemnse encontrar espécimes de cor amarela, rosa, castaña, verde e abrancazada, ás veces salferido de pequenas manchas amarelas, verdes, pardas e vermellas. Os seus rinóforos son curtos e de forma cónica.Rudman, W. B. (2001): Archidoris pseudoargus (Rapp, 1827). Sea Slug Forum. Sidney: Australian Museum.

Bioloxía Aliméntase principalmente da esponxa Halichondria panicea.

En Galicia En Galicia encóntrase en todo o litoral, aínda que é pouco común, e vese sobre as eponxas das que se alimenta.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Rolán, E. & Otero-Schmitt, J. (1996): Guía dos moluscos de Galicia. Vigo: Galaxia. ISBN 95-8288-072-1. Thompson, T. E. & Brown, G. H. (1984): Biology of Opisthobranch Molluscs, Vol. 2. Londres, Reino Unido: Ray Society. ISBN 978-0-9038-7418-2.

Outros artigos Gasterópodos Opistobranquios Nudibranquios Doridinios Doridoideos Doridoidea Dorídidos Doris'' Lista de gasterópodos de Galicia

Categoría:Gasterópodos Categoría:Moluscos de Galicia Categoría:Animais descritos en 1827