Rigoberto Urán Urán, nado en Urrao o 26 de xaneiro de 1987, é un ciclista colombiano, membro do equipo estadounidense EF Education-NIPPO de categoría UCI WorldTeam. Antes diso, competiu por equipos como o Caisse d'Epargne, o Sky e o Omega Pharma-Quick Step. Os seus logros máis salientables como deportista foron a medalla de prata nos Xogos Olímpicos de 2012 en Londres na proba de ciclismo en ruta, e a segunda posición no Giro de Italia 2013 e 2014, ao igual que no Tour de Francia 2017.
Salienta principalmente como escalador, mais tamén mellorou nas probas de contra o reloxo, acadando o cuarto posto na contra o reloxo do Tour de Romandía 2014. Foi segundo na contra o reloxo de Borja da Vuelta a España 2014 por detrás do tres veces campión mundial da especialidade, o alemán Tony Martin. A súa actuación máis importante neste tipo de probas, foi a contra o reloxo de Barolo no Giro de Italia 2014, onde se puxo a maglia rosa de líder.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina oficial de Rigoberto Urán
Categoría:Nados en 1987 Categoría:Medallistas olímpicos de prata por Colombia Categoría:Medallistas olímpicos en ciclismo Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 2012 Categoría:Ciclistas olímpicos de Colombia Categoría:Ciclistas nos Xogos Olímpicos de 2008 Categoría:Ciclistas nos Xogos Olímpicos de 2012 Categoría:Ciclistas nos Xogos Olímpicos de 2016 Categoría:Ciclistas nos Xogos Olímpicos de 2020 Categoría:Gañadores de etapa no Tour de Francia