miniatura|O papa Francisco rezando fronte ao Muro. miniatura|Explanada fronte ó Muro das Lamentacións.
O Muro das Lamentacións (en , Hakótel Hama'araví) é un muro de contención que formaba parte das murallas de Herodes e son o derradeiro vestixio do Segundo Templo, o edificio máis sagrado do xudaísmo. Os restos que aínda quedan datan da época de Herodes o Grande, quen mandou construír grandes muros de contención arredor do Monte Moriá, ampliando a pequena explanada sobre a cal foron edificados o Primeiro e o Segundo Templo de Xerusalén, formando o que hoxe se coñece como a Chaira das Mesquitas.
Historia O Primeiro Templo, ou Templo de Salomón, foi construído no século X a. C., e derrubado polos babilonios no 586 a. C. O Segundo Templo, en tanto, foi reconstruído por Esdras e Nehemías á volta do Exilio de Babilonia, e volto a destruír polos romanos no ano 70 da nosa era, trala Gran Revolta Xudía. De tal modo, cada templo se mantivo en pé por uns 400 anos.
Cando as lexións do emperador Tito destruíron o templo, só unha parte do muro exterior quedou en pé. Tito deixou este muro para que os xudeus tiveran a amarga lembranza de que Roma vencera a Xudea (de alí o nome de Muro das Lamentacións). Os xudeus, porén, o atribuíron a unha promesa feita por Deus, segundo a cal sempre quedaría en pé cando menos unha parte do sagrado templo como símbolo da súa alianza perpetua co pobo xudeu. Os xudeus teñen pregado fronte a este muro durante os derradeiros dous milleiros de anos, crendo que este é o lugar accesible máis sagrado da Terra, xa que non poden acceder ó interior do Monte do Templo, que sería o máis sagrado de todos.
A tradición de introducir un pequeno papel cunha pregaria entre as fendas do muro ten varios séculos de antigüidade, sendo o iniciador desta práctica o rabino Chaim ibn Attar, (finado en 1743).Sperling, Avraham Yitzchak (1999). Sefer Tamei Ha-minhagim U’mekorei Ha-dinim; Inyanei Hilula D’Rashbi, p. 270. Jerusalem: Shai Le-morah Publishing.
O Muro das Lamentacións é sagrado para os xudeus debido a que é o último anaco do muro que rodeaba o Templo polo sur e polo leste. Ademais, o Muro é o lugar máis achegado ó sancta sanctorum ou lugar "sagrado entre os sagrados" (1 Reyes 8:6-8). Das tres seccións do muro, o do leste, do sur e do oeste, o do oeste é o lugar tradicional de oración (de alí o seu nome en hebreo, Hakótel Hama'araví, "o Muro Occidental").
Na Explanada das Mesquitas, rodeada polo Muro, os musulmáns teñen ido construíndo ó longo dos séculos a Cúpula da Rocha e a Mesquita de al-Aqsa.
Notas e referencias
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas ImagenesdeIsrael.com - O Gran Sitio de Israel en Internet Sitio con cámaras en vivo en vídeo dende Israel Imaxes en directo do Muro Vista de 360º do Muro (Formato QuickTime) Jerusalem Photo Portal - Imaxes do Muro
Categoría:Historia de Israel Categoría:Monte do Templo