Eustaquio I de Boulogne (en francés Eustace Ier, dit à l'Œil (Perçant) [chamado O Ollo (Penetrante)]), nado contra o ano 995 no Ducado de Lorena (Reino de Francia), e finado en 1049, foi un nobre francés, o fundador da rama de Boulogne da Casa de Flandres. Foi conde de Boulogne desde 1033 a 1049.Tanner, Heather. "The Expansion of the Power and Influence of the Counts of Boulogne under Eustace II". Anglo-Norman Studies 14: 251-277.
Traxectoria Eustaquio era o único fillo do conde de Boulogne Balduíno II e a súa esposa Adelina de Holanda, filla do conde de Holanda Arnolfo de Holanda (950-993) e Liutgarda de Luxemburgo (955-1003).<ref>Eustache I de Boulogne (-1049). Comte de Boulogne en Medieval Lands.</ref>
Segundo o Chronicon Centulense ou Chronique de l'Abbaye de Saint-Riquier, o seu pai, o conde Balduíno, foi asasinado en combate, en 1033, polo conde de Ponthieu Enguerrando I, que casou coa súa viúva, Adelina de Holanda (o matrimonio entre Adelina e Enguerrando é confirmado polo Europäische Stammtafeln, vol II, cap. 2,As Europäische Stammtafeln son unha relación das árbores xenealóxicas das máis influentes familias europeas. e tomou posesión do ducado de Boulogne, asumindo o título de conde como Eustaquio I.
Eustaquio I (Eustachius comes) é mencionado en dous documentos das Actes et documents anciens intéressant la Belgique: No primeiro, datado en 1061, é recordado como un dos autores dunha doazón á abadía de Saint-Amand, que tivo lugar entre 1049 e 1056.Monumenta Germanica Historica, Scriptores, tomus IX: Genealogica comitum Buloniensium, par. 1, páxinas 37-39. No segundo, de 1125, na que o conde de Flandres, Carlos I, confirma unha propiedade a unha abadía de Lille, referíndose a ela como unha doazón do seu antecesor, Balduíno V, conde de 1035 a 1067, citado coa súa muller, Adela, Eustaquio (Eustachio scilicet comite Bolonie) e outros.Actes et documents anciens intéressant la Belgique, páxinas 166-167.
Eustaquio I morreu en 1049 e foi enterrado en Samer (Boulogne-sur-Mer).
Foi sucedido no título de conde de Boulogne polo seu fillo máis vello, Eustaquio II, mentres que o condado de Lens foi para o seu terceiro fillo, Lamberto, como Lamberto II.
Descendencia Eustaquio I e Matilde tiveron catro fillos (o seu matrimonio vén confirmado en Auberti Miræi).Auberti Miræi [...] Opera diplomatica et historica, tomus I. Eustaquio (circa 1020 - circa 1088), conde de Boulogne.Monumenta Germanica Historica, Scriptores, tomus IX: Genealogica comitum Buloniensium, par. 1, páx. 37-39 . Godofredo (? - circa † 1095), bispo de París, segundo confirma Flandria Generosa.Monumenta Germanica Historica, Scriptores, tomus IX: Genealogica comitum Buloniensium, par. 1, páx. 301. Lamberto (? - † 1054), conde de Lens. Xerberga (? - 1049), que casou co duque da Baixa Lorena (Lotarinxia) Federico (Gerbergam, Friderici ducis uxorem'') (1003 † 1065). Monumenta Germanica Historica, Scriptores, tomus IX: Genealogica comitum Buloniensium, par. 1, páx. 663.
Notas
Categoría:Nobres de Francia Categoría:Nados no século X Categoría:Finados en 1049