Manuel Lámelo Díaz, nado no Saviñao cara a 1919 e finado no mesmo concello o 25 de outubro de 2016, foi un mestre e político galego.
Traxectoria Estudou Maxisterio na Escola Normal de Santiago de Compostela. Diplomado en Iniciación Profesional Agrícola, en medios audiovisuais e na área social. Foi mestre en Cuntis (1940), A Páxara (1943) e Escairón, onde foi director do Colexio. Foi nomeado alcalde do Saviñao a finais dos anos corenta. Dende 1971 foi mestre do Colexio Público José Antonio de Vilagarcía de Arousa, onde se xubilou en 1984.La Voz de Galicia, 14-2-1984, p. 30. Finou no Saviñao o 25 de outubro de 2016.El Progreso, 26-1-2016, p. 65.
Vida persoal
Casou con Julia García García. Foi pai de Manuel Lámelo Iglesias.
Notas
Categoría:Profesores de Galicia Categoría:Alcaldes do Saviñao Categoría:Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición Categoría:Nados no Saviñao Categoría:Nados en 1919 Categoría:Finados en 2016