Neneh Mariann Karlsson, nada en Estocolmo o 10 de marzo de 1964 é unha cantante, compositora, rapeira e DJ e locutora ocasional sueca, coñecida como Neneh Cherry. A súa carreira musical comezou en Londres a principios da década de 1980, actuando en varias bandas de punk e post-punk bands durante a súa mocidade, incluídas The Slits e Rip Rig + Panic.

Cherry publicou cinco álbums de estudio co seu nome. O primeiro, Raw Like Sushi, publicouse en 1989 e chegou ao número tres no UK Album Chart, grazas en parte ao éxito mundial "Buffalo Stance". O seu segundo álbum foi Homebrew (1992) e catro anos despois publicou Man. Ademais destes discos, formou a banda cirKus en 2006 e colaborou con The Thing, publicando un disco titulado The Cherry Thing en 2012.

Cherry gañou dous Brit Awards e un MTV Europe Music Award (con Youssou N'Dour). Foi tamén candidata aos premios Grammy.

Vida persoal Cherry é a filla de Monika "Moki" Karlsson (1943–2009), pintora e artista téxtil sueca, e o músico Ahmadu Jah (1936–2018). Jah naceu en Serra Leoa, fillo dun xefe tribal que foi a Estocolmo para estudar enxeñaría. Os pais de Cherry separáronse deseguido e a súa nai casou co influente músico de jazz estadounidense Don Cherry, que axudou a criar a Neneh dende o seu nacemento. Ela tomou o apelido do seu padrasto.

Por parte de nai, Cherry ten un medio irmán, o músico Eagle-Eye Cherry. Por parte do seu padrasto, ten unha media irmá, a violinista Jan Cherry, e un medio irmán, o músico de jazz David Ornette Cherry. Polo matrimonio do seu pai con Maylen Bergström, Cherry é medio irmá da cantante Titiyo e do produtor musical Cherno Jah.

En 1983, Cherry casou co batería Bruce Smith e tivo unha filla, Naima. Divorciáronse en 1984. Naima é fotógrafa en Londres e ten un fillo chamado Louis Clyde Flynn Love en 2004.

En 1986, Cherry coñeceu o produtor Cameron "Booga Bear" McVey no aeroporto de Heathrow. Cherry e McVey estaban de camiño ao Xapón como mdelos para o deseñador Ray Petri. Cherry pediulle matrimonio e a parella casou en 1990. Cherry e McVey tiveron dúas fillas: Tyson, nada en 1989, e a cantante Mabel, nada en 1996. Cherry e McVey tiveron tamén unha relación laboral: McVey produciu e coescribiu Raw Like Sushi. Ademais, estiveron xuntos no grupo cirKus. Cherry ten un fillastro, Marlon Roudette (antigo líder de Mattafix), pola relación anterior de McVey con Vonnie Roudette.

Discografía Gravacións en solitario Raw Like Sushi (1989) Homebrew (1992) Man (1996) Blank Project (2014) Broken Politics (2018)

Notas

Categoría:Nados en Estocolmo Categoría:Nados en 1964 Categoría:Cantantes de Suecia