Antoliano Correa Jamardo,Nalgunhas fontes figura como Antonino Correa Jamardo. nado en Padrón cara a 1888 e finado en Santiago de Compostela o 1 de decembro de 1936, foi un xastre e político galego.
Traxectoria Tiña unha xastrería na rúa Gasset y Artime de Padrón.El Pueblo Gallego, 20-4-1930, p. 9. Foi dono dun salón de baile en Padrón.El Ideal Gallego, 11-12-1927, p, 4. Coa República foi elixido concelleiro de Padrón,El Pueblo Gallego, 28-4-1931, p. 12. encadrándose na ORGA. Logo da dimisión do alcalde Jesús Gómez García e da elección de Ramón Piñeiro Eiriz, foi elixido terceiro tenente-alcalde en marzo de 1932.El Pueblo Gallego, 18-3-1932, p. 10. Pertenceu á directiva do Flavia S. C.El Pueblo Gallego, 23-10-1932, p. 10. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e recluído no cárcere de Padrón até o 30 de agosto que foi trasladado á prisión de Santiago de Compostela. Xulgado en consello de guerra en Compostela acusado de traizón o 16 de novembro con Andrés Rey Baltar, Francisco Castaño Otero, Jaime Caamaño Comparada e José Millares Gil, foron condenados a pena de morte.El Compostelano, 17-11-1936, p. 2. Foron executados no cemiterio de Boisaca o 1 de decembro de 1936. Posteriormente fóronlle incautados os seus bens.
Vida persoal
Casou en Padrón con Ángeles Forján en 1916,Gaceta de Galicia, 21-10-1916, p. 1. e foi pai de María de los Angeles e Margarita Correa Forján.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Concelleiros das corporacións republicanas
Categoría:Concelleiros de Padrón Categoría:Concelleiros de Galicia durante a II República Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Padrón Categoría:Nados en 1888
Categoría:Finados en 1936