miniatura|Folerpas, cuarteto tradicional. As agrupacións musicais galegas son as diferentes formacións, de instrumentos e músicos, aparecidas ao longo dos séculos na música tradicional galega.
Agrupacións AgrupaciónCaracterísticasDúo tradicionalA gaita, instrumento característico da música popular galega, foi ao longo da historia un instrumento solista. Porén, desde o século XVIII, comezan a existir as primeira representacións nas que aparecer formando un dueto co tambor.200x200pxCantareirasNas festas populares galegas, eran as mulleres as encargadas de achegar o canto e a música para o baile, pois non sempre era posíbel contar cun gaiteiro. Estas cantadoras adoitaban acompañarse de pandeiros, pandeiretas ou calquera dos utensilios do fogar ao seu alcance.200x200pxRancho de ReisOs ranchos son grupos de cantadores, danzantes e músicos, que se organizan durante as festas de reis. Estas formacións percorren as parroquias pedindo o aguinaldo mentres interpretan cantos e danzas de reis. Consérvanse sete destes ranchos nas comarcas do Condado e Vigo.200x200pxFoliónOs folións de entroido son agrupacións musicais conservadas en Galiza nas comarcas ourensáns de Viana e Trives. Fórmanas os propios veciños para animar as festas empregando ferramentas agrícolas (gadañas, sachos) e os característicos tambores de entroido.200x200pxTreboadasSon agrupacións musicais propias do Baixo Miño e do norte de Portugal, onde reciben o nome de Zés Pereiras. Estaban compostas orixinalmente por gaita de barquín, tambor e bombo de mallada. Posteriormente, a gaita pasou a ser de fol, o tambor substituído por unha caixa, e ampliouse substancialmente o número de bombos, até chegar a cinco ou máis. 200x200pxBandas popularesDesde mediados do século XIX comezaron a proliferar en Galiza as bandas de música. Estas bandas popularizáronse, adaptando o seu repertorio á contorna cultural, e mesturando os seus músicos cos instrumentistas tradicionais.200x200pxTrío tradicionalCoa a introdución na música popular da instrumentación das bandas de música, os gaiteiros comezaron a incorporala aos seus conxuntos. Un dos primeiros instrumentos adoptados foi o bombo, que asociado a gaita e tambor, formou o trío tradicional.200x200pxCoros galegosNo último terzo do XIX, na época do Rexurdimento cultural galego, apareceron os coros galegos. Estas agrupacións levaron por primeira vez aos escenarios o canto, a música, o baile e a vestimenta tradicionais de Galiza.200x200pxCuarteto con clarineteOutro dos instrumentos procedentes das bandas que se incorporou á música galega foi o clarinete (ou o requinto). Asociado con gaita, caixa e bombo formou un popular cuarteto que se estendeu por todo todo o país.200x200pxCuarteto tradicionalNa década de 1920, os avances na organoloxía, permitiron que dúas gaitas tocasen xuntas nunha agrupación. Algo inédito até ese momento. Apareceu entón unha nova formación, os cuartetos de dúas gaitas, tambor e bombo.200x200pxRequintasNas terras do val do río Ulla trunfaron, desde a segunda década do século XX, as chamadas requintas. Grupos que incorporaban aos cuartetos tradicionais a requinta, un tipo de frauta travesa característica da zona.200x200pxCharangaOutra agrupación nacida da fusión entre músicos tradicionais e procedentes das bandas foron as charangas. Estes conxuntos suman instrumentación de vento á gaita e a percusión tradicional.200x200pxBandas de gaitasA finais do século XX produciuse en Galiza un aumento do interese pola música tradicional, en especial pola gaita. Apareceron entón escolas para gaiteiros e, a partir delas, as bandas de gaitas, que permiten ao alumnado tocar e aprender conxuntamente.200x200px
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Categoría:Tipos de agrupación musical Categoría:Música tradicional galega Categoría:Música de Galicia