Modesto Cortázar, nado en Briviesca, Burgos o 15 de xuño de 1783 e finado en Madrid o 25 de xaneiro de 1862, foi un político español.

Tras a caída do gabinete de Valentín Ferraz, o 28 de agosto de 1840, a rexente María Cristina de Borbón, encomendoulle a formación de goberno, que tamén durou pouco do 29 de agosto até o 11 de setembro de 1840, no que ocupou ao memo tempo o posto de Presidente do Consello de Ministros e de Ministro de Graza e Xustiza.

Durante a Década Moderada (1843-1854), época de levantamentos militares, foi Ministro de Estado (1847) no gabinete de Florencio García Goyena.

Notas

Fontes Ficha na web da Presidencia do Goberno .

Categoría:Ministros de Asuntos Exteriores de España Categoría:Presidentes de España Categoría:Nados en Briviesca Categoría:Nados en 1783 Categoría:Finados en 1862