Mauro Triana López, nado na Coruña o 17 de decembro de 1995, é un atleta galego especializado en carreiras de velocidade. Ten os récords de Galicia en 100 metros lisos (10.46) e 200 metros lisos (20.93).
Traxectoria Adestra no club Playas de Castellón baixo a dirección de Jose Carlos Tunias.Playas de Castellón ficha a uno de los mejores fondistas: el sevillano Luis Alberto Marco
En 2015, converteuse no medallista de bronce do campionato de España na proba de 200 metros cunha marca persoal de 21.23. Debutou internacionalmente no Campionato do Mediterráneo de 2016, onde quedou terceiro na proba de 200 metros e na carreira de remudas de 4 × 100 metros.
Competiu nas remudas de 4 × 100 metros no Campionato de Europa de 2016, onde os españois estiveron a 0,03 segundos de chegar á final.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Récords de Galicia de atletismo
Categoría:Nados en 1995 Categoría:Nados na Coruña Categoría:Atletas de Galicia