O camiño (en ) é un filme turco de 1982 dirixido por Şerif Gören e Yılmaz Güney. O guión foi escrito por Yılmaz Güney, e foi dirixido por Şerif Gören durante o tempo que Güney estivo en prisión. Posteriormente, cando Güney escapou do cárcere, levou os negativos a Suíza e editou o filme en París.
O filme é un retrato de Turquía logo do golpe de estado de 1980: a súa xente e as autoridades son presentadas a través das historias de cinco prisioneiros aos cales se lles concedeu unha semana de licenza. O filme xerou moita controversia en Turquía e estivo prohibido até o ano 1999. Porén, gañou numerosas honras, incluíndo a Palma de Ouro no Festival Internacional de Cinema de Cannes de 1982. Foi escollido como candidato de Suíza para o Óscar ó mellor filme internacional na 55ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.Margaret Herrick Library, Academy of Motion Picture Arts and Sciences
Estreouse subtitulado en galego o 4 de decembro de 2020, no Cineclube Padre Feijoo (Ourense) na Casa da Cultura.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Filmes de Suíza propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 55ª edición dos Óscar Ligazóns externas
Ficha en RottenTomatoes
Categoría:Filmes de 1982 Categoría:Filmes en lingua kurda Categoría:Filmes en lingua turca Categoría:Filmes de Turquía Categoría:Filmes dirixidos por Yılmaz Güney Categoría:Filmes ambientados en Turquía Categoría:Filmes gañadores da Palma de Ouro Categoría:Filmes de 1982 con versión en galego