O prezo de Hollywood (en ) é un filme estadounidense de 1932 dirixido por George Cukor e protagonizado por Constance Bennett e Lowell Sherman. O guión é obra de Gene Fowler, Rowland Brown, Jane Murfin e Ben Markson, e baséase na historia de Adela Rogers St. Johns e Louis Stevens. O resto do elenco está composto por Neil Hamilton, Gregory Ratoff, Brooks Benedict, Louise Beavers e Eddie "Rochester" Anderson.
Sinopse A camareira do Brown Derby Mary Evans é unha aspirante a actriz que ten a oportunidade de coñecer o director de cinema Maximillan Carey cando o atende unha noite. Está moi bébedo pero séntese engaiolado pola moza e invítaa a unha estrea no Grauman's Chinese Theatre.
Personaxes Constance Bennett como Mary Evans Lowell Sherman como Maximilian 'Max' Carey Neil Hamilton como Lonny Borden Gregory Ratoff como Julius Saxe Brooks Benedict como Muto Louise Beavers como Bonita Eddie "Rochester" Anderson como James Torben Meyer como Nick
Produción O título orixinal do filme era The Truth about Hollywood. Adela Rogers St. Johns baseou vagamente o argumento nas experiencias da actriz Colleen Moore e do seu marido, o produtor alcohólico John McCormick (1893-1961), e na vida e morte do director Tom Forman, que se suicidou tras unha crise nerviosa.
O produtor David O. Selznick quería a Clara Bow como protagonista feminina, mais os executivos de RKO en Nova York dubidaban en investir nunha historia de Hollywood porque proxectos similares fracasaran no pasado. Cando Selznick os convenceu de que o filme tiña potencial, Bow estaba a traballar noutro filme.Behlmer, Rudy, Memo from David O. Selznick. New York: The Viking Press 1972
Catro anos despois da estrea do filme, Selznick achegouse a Cukor e pediulle que dirixise a versión de 1937 de Naceu unha estrela protagonizada por Janet Gaynor e Fredric March. A trama era tan semellante a O prezo de Hollywood que Cukor rexeitou o ofrecemtno. Os directivos de RKO consideraron presentar unha demanda de plaxio contra Selznick International Pictures debido ás evidentes similitudes na historia, mais finalmente optaron por non emprender accións legais.McGilligan, Patrick, George Cukor: A Double Life (Nova York: St. Martin's Press, 1991) Levy, Emanuel, George Cukor: Master of Elegance (Nova York: William Morrow & Company, 1994) Posteriormente, Cukor dirixiu unha versión musical de A Star Is Born en 1954 protagonizada por Judy Garland e James Mason.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Ficha en AllMovie Ficha en RottenTomatoes
Categoría:Filmes de 1932 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por George Cukor Categoría:Filmes ambientados nos Ánxeles Categoría:Filmes producidos por David O. Selznick Categoría:Filmes con banda sonora de Max Steiner Categoría:Filmes sobre o matrimonio Categoría:Filmes sobre suicidio Categoría:Filmes sobre alcoholismo Categoría:Filmes de 1932 con versión en galego