Teófilo Rodríguez Baamonde de Castro y Limia,Tamén citado como Teófilo Rodríguez Vaamonde ou Teófilo Rodríguez Vahamonde. marqués de Baamonde, nado en Ribadavia o 21 de novembro de 1827 e finado en Madrid o 24 de xaneiro de 1898, foi un avogado e político galego.
Traxectoria miniatura|Antiga casa-pazo do marqués de Baamonde, hoxe sede do Museo Etnolóxico de Ribadavia. Neto de Agustín Rodríguez Baamonde e fillo de Antonio Rodríguez Baamonde. Estudou dereito na Universidade Central de Madrid. Foi elixido deputado polo distrito de Ribadavia en 1857 polos moderados. Volveu ser elixido deputado polo mesmo distrito en 1858, 1863 e 1864. Dende 1864 ostentaba o título de marqués de Baamonde concedido polo papa Pío IX.El Lucense, 31-1-1898, p. 3. En 1864 foi nomeado senador vitalicio pola raíña Isabel II.
Vida persoal
Casou en Madrid con Mariana Fernández de Córdoba y Vera de Aragón en 1861.La España, 29-5-1861, p. 2. Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Florencio Rodríguez Vaamonde Ligazóns externas Ficha no Senado
Categoría:Deputados de Galicia no Congreso dos Deputados Categoría:Senadores de Galicia Categoría:Nados en Ribadavia Categoría:Nados en 1827 Categoría:Finados en 1898 Categoría:Marqueses de Galicia Categoría:Alumnos da Universidade Complutense de Madrid