José Pardo Gayoso, nado na Coruña o 25 de marzo de 1904 e finado en Houston o 8 de setembro de 1978, foi un médico e político galego.
Traxectoria miniatura|300px|Alejandro Viana con José Pardo Gayoso e a súa dona, con ocasión dunha sesión de Cortes no exilio en 1945. Fillo de Alejandro Pardo Laborde. Fixo o bacharelato no Instituto da Coruña. Estudou Medicina na Universidade de Santiago de Compostela e na Universidade de Valladolid, onde rematou os estudos en 1925. Ingresou na Escola Nacional de Sanidade en 1927,La Voz de Galicia, 10-12-1927, p. 1. e foi inspector provincial de Sanidade en Teruel e Cáceres. Tivo unha bolsa da Fundación Rockefeller para estudos de pediatría social. En 1932 dirixiu o consello local de Acción Republicana de Teruel, logo ingresou en Izquierda Republicana. Nas eleccións de febreiro de 1936 foi elixido deputado por Izquierda Republicana por esa provincia. Foi nomeado de subdirector da Sección Central de Hixiene Materno-Infantil da Dirección Xeral de Sanidade. Ao remate da guerra civil exiliouse en Venezuela, onde desempeñou traballos como pediatra do Ministerio de Asistencia Social en Mérida, Andes, Maracaibo e no Hospital de Trujillo, onde foi director da Revista de la Sociedad Médica de Trujillo. Revalidou os estudos de Medicina na Universidade Central de Caracas e abriu consulta como médico privado en Caracas. Regresou a España, pero faleceu nos Estados Unidos logo dunha intervención cirúrxica. E autor de libros e artigos médicos.
Obras "La lepra y el niño", en Semana de la Lepra, 1941 (1943) Caracas: Editorial Bolívar, 75-86.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas
Ficha no Repertorio biobibliográfico do exilio galego
Categoría:Médicos da Coruña Categoría:Deputados nas Cortes da II República Categoría:Exilio galego Categoría:Galegos de Venezuela Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1904 Categoría:Finados en 1978