Coñécese como incidente de Carabanchel, ou sucesos de Carabanchel, unha serie de feitos acaecidos durante o primeiro bienio da Segunda República Española, en concreto o 27 de xuño de 1932, no campamento de Carabanchel, nas proximidades de Madrid. Os sucesos, foron un precedente da "sanjurjada", que aconteceu dous meses despois no mes de agosto.
Sucesos O feito principal foi que, sen coñecemento do daquela Ministro da Guerra, Manuel Azaña, e aproveitando que os cadetes das academias militares estaban de manobras militares en Carabanchel para realizaren un exercicio conxunto, o xeneral Villegas, xefe da I División Orgánica, ordenou o desprazamento de tres Rexementos de Infantaría da guarnición de Madrid para confraternizar cos cadetes.Cardona (1983), p. 188 miniatura|Manuel Goded, xefe do Estado Maior do Exército, cesado por Azaña. Despois do xantar, houbo varios discursos, dos xenerais Caballero, Villegas e Goded, que amosaban o descontento dunha parte do escalafón militar. Así, o xeneral Caballero, xefe da Brigada de Infantaría, pronunciou un discurso politicamente contrario ao goberno facendo alusión a unhas declaracións de Azaña e afirmando que eran «momentos difíciles» e aludiu a que o Estatuto catalán, que se estaba a debater nas Cortes nese momento,Preston, 2004, p. 52 puña en perigo a unidade da Patria. O xeneral Villegas, que mandaba a División, se ben foi máis contido nas súas críticas á política militar e autonomista do goberno, rematou o seu parlamento co berro de "Viva España!", cando o preceptivo da época era berrar "Viva a República!".Mera Costas, 2021, p. 55-56 Finalmente, o xeneral Goded, xefe do Estado Maior do Exército -quen en principio non debía falar, xa que estaba alí como convidado especial e non oficial-, rematou o seu discurso coa frase: "...viva España! e nada máis",Tuñón de Lara, 2000, p. 341 omitindo de novo o "Viva a República".Preston, 2004, pp. 52-53
Entón o tenente coronel Julio Mangada Rosenörn, que xa mostrara claramente o seu desacordo con xestos durante os discursos anteriores,Jackson, 2012, p. 71. permaneceu sentado e non respondeu ó viva de Goded, polo que este último o reprendeu duramente.Payne, 1967, p. 284 Mangada respondeu e comezou unha forte discusión que foi mediada polo coronel ao mando do 1º Rexemento de Infantería, Carlos Leret Úbeda, que conseguiu restablecer a orde. Porén, a situación empeorou cando o xeneral Villegas ordenou o arresto de Mangada e este, perdendo os nervios, quitouse a guerreira e a gorra e botounas ao chan mentres se dirixía cara os cadetes berrando: «Mirade como é tratado un dos vosos xefes».
Posteriormente, en opinión de Carlos Leret Úbeda, esta acción de reunir as tropas das Academias, con desfiles e discursos de carácter antirrepublicano, etc., formaba parte dun plan premeditado para crear descontento no estamento militar,Azaña (2004), pp. 540-541 xa que non era a primeira vez que ocorríaTogores Sánchez, 2003, p. 171 (a semana anterior tivera lugar outra reunión similar con tropas de Artillería e tamén nas mesmas datas o xeneral Millán Astray presentárase unha mañá na Academia de Artillería, pedira un cabalo e pedira que se lle rendesen honores facendo desfilar os cadetes diante del).García Rodríguez, 2013, p. 248
Consecuencias Mangada, a pesar da non moi boa opinión que o entón ministro da Guerra tiña sobre o carácter do tenente coronel Mangada mais, sobre todo, polo do feito de que o propio Azaña non cualificou os feitos como un delito ou acto de indisciplina, senón como unha simple "culpa", "indiscreción" ou "torpeza",Preston, 2004, p. 53 foi procesado por estes feitos e absolto.
O incidente provocou que Azaña destituíse a Goded, Villegas e Caballero,Tuñón de Lara, 1988, p. 16Navajas Zubeldia, 2001, p. 77Cardona (1983), pp. 145-146 Tamén existe a versión, defendida polo propio Goded, de que no seu caso foi el mesmo quen presentou a súa dimisión, para compartir o destino dos seus dous compañeiros. Os postos vacantes foron ocupados polos xenerais Carlos Masquelet, Virgilio Cabanellas Ferrer e Manuel Romerales Quintero.
As investigacións realizadas permitiron desvelar a implicación de varios comandantes militares en movementos conspiratorios contra a República, que, porén, culminarían na Sanjurjada o 10 de agosto dese mesmo ano.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas
«Incidente en el campamento de Carabanchel - Entre el general Goded y el teniente coronel Mangada». ABC (28-06-1932). p. 21.
Categoría:Historia de España do século XX Categoría:Segunda República Española