Metallica é unha banda estadounidense de thrash metal fundada nos Ánxeles en 1981 por Lars Ulrich e James Hetfield.

Historia Comezos Poderíase considerar que a historia de Metallica comeza cando en 1980 un mozo danés chamado Lars Ulrich se traslada xunto á súa familia ós Ánxeles. Fillo do tenista profesional Torben Ulrich, Lars desenvolvera unha enorme afección polo Heavy Metal durante os '70 cando o NWOBHM (New Wave Of British Heavy Metal) reinaba na escena underground de Europa, e co seu traslado a Estados Unidos, en principio previsto polo seu pai co obxectivo da preparación dunha carreira dentro do tenis profesional, dita afección converteríase practicamente nunha obsesión, sobre todo centrada nos grupos máis underground da nova corrente inglesa. A súa prioridade ó chegar ós Ánxeles, lonxe de se centrar no tenis, sería a de montar un grupo no que el exercería as funcións de batería. Dita ambición levaríao en 1981 a publicar un anuncio na revista Recycler pedindo un guitarrista para formar un grupo con influencias de NWOBHM, centrándose concretamente nas súas bandas preferidas: Diamond Head, Motörhead e Iron Maiden. Outro mozo respondeu ó seu anuncio, era James Hetfield. Os primeiro ensaios conxuntos tiveron lugar, e aínda que ó principio a James non lle convencía a forma de tocar de Lars, remataron formando un grupo. A clave desta unión foi o tema que Lars reservara por parte do seu amigo Brian Slagel, fundador da por entón recentemente creada Metal Blade Records, no primeiro compilatorio que editaría o selo, denominado Metal Massacre. O nome do grupo foi roubado por Lars Rampage Radio DJ Profiles: Ron Quintana - http://www.rampageradio.com/DJProfiles.html ó seu amigo Ron Quintana, quen barallaba "Metalmania" e Metallica como posibles nomes para un novo fanzine musical, aínda que se inclinaba máis polo segundo. A Lars gustoulle tanto que rapidamente lle recomendou enerxicamente o primeiro.

Lars trasladouse ó local que James tiña xunto a Ron McGovney e, tras incesantes intentos de conseguir un guitarra solista influenciado por Motörhead e Iron Maiden, atoparon en Dave Mustaine á persoa ideal para pecha-la formación. O primeiro paso foi a gravación do tema para a primeira entrega de Metal Massacre. O elixido sería Hit the Lights, proveniente da anterior banda de Hetfield, Leather Charm, nunha versión bastante afastada da que un ano máis tarde aparecería no primeiro álbum oficial do grupo. O debut de Metallica en directo tería lugar o 14 de marzo de 1982 no club Radio City de Anaheim, nunha actuación na que a falta de táboas sobre o escenario ocasionou serios problemas á banda. Dúas semanas máis tarde terían a oportunidade de emenda-lo seu erro abrindo dous noites seguidas para os inglesas Saxon no Whiskey-A-Go-Go dos Ánxeles. Como curiosidade, cabe dicir que dentro do libreto de Garage Inc poden se encontrar reproducidas nótalas que o propio Ulrich tomou naquel momento sobre a marcha destes dous concertos, incluíndo os setlists de ambas noites e as impresións do batería sobre a marcha das mesmas.

Coa edición de Metal Massacre no mes de xuño, o grupo, tras renegar da versión de Hit the Lights aparecida no mesmo, por se atopar completamente desfasada do que constituía o seu novo son, decide grava-la súa primeira demo, titulada Non Life 'till Leather probablemente nunha alusión ó disco de Motörhead Non Life 'till Hammersmith. Sete temas formarían parte desta demo, entre as que se atopaba unha versión moito máis potente e acelerada de Hit the Lights, conseguindo en xeral grandes críticas por parte da prensa especializada. Cunha axenda de concertos cada vez máis poboada, Hetfield e Ulrich comezan a se suxeri-la substitución de Ron debido á súa falta de interese no grupo, á vez que empezan a aparece-los problemas con Dave Mustaine derivados dun carácter extremadamente violento unido ó consumo extremo de alcol e drogas de toda clase. Coñecedor da necesidade de Metallica de recrutar un novo baxista, Brian Slagel recomenda a Lars e James que vexan en directo á banda Trauma, que remataba de editar un dos seus temas na segunda entrega de Metal Massacre. Hetfield e Ulrich quedarían totalmente impresionados coa destreza e presenza no escenario do seu baxista, Cliff Burton, ofrecéndolle inmediatamente o entrar a formar parte de Metallica, o cal sería inicialmente rexeitado por Burton.

Aínda con McGovney nas súas fías, a banda gravaría o 29 de novembro do mesmo ano unha demo en directo no The Waldorf de San Francisco, que recibiría o nome de Live Metal Up Your Ass e na que estrearían o tema Whiplash, inédito ata entón. O concerto tería como abreconcertos a Exodus, cuxo guitarra solista, un xove Kirk Hammett, causaría unha grande impresión no tándem Hetfield-Ulrich, que ante os crecentes problemas con Mustaine, comeza a consideralo como un substitúo perfecto. Pouco tempo despois tería lugar a expulsión efectiva de Ron McGovney ante a aceptación de Burton da proposta de se unir a Metallica. A única condición non negociable que pon o baxista é que a banda trasládese a San Francisco, onde os novos sons thrasheros comezaban a ter unha lexión de seguidores que recibiron o nome de Bay Area Bangers.

Kill 'em All

A principios de 1983 o representante e promotor de concertos Johnny Zazula ponse en contacto co grupo para lles ofrecer un traslado a Nova , coa idea de organizar varios concertos na Costa Oeste, e se todo marchaba ben, gravar un álbum. Tras acepta-la oferta, Metallica inicia a viaxe o 1 de abril, e tras atravesar todo o país, fixan o seu novo lugar de residencia no The Music Building de Yonkers, un edificio no que cohabitaban con varias bandas de rock, entre as que se atopaba Anthrax, o que supuxo o inicio dunha gran relación de amizade e camaradería. Ós dez días da súa chegada a Nova , a situación con Dave Mustaine faise completamente insostible, co que Hetfield e Ulrich sorprenden a un Mustaine recentemente esperto lle anunciando que estaba fóra do grupo e que nun breve prazo saía o autobús que reservaran para a súa voltada a casaVH1 - Behind the Music: Metallica. Para algúns, o factor que foi finalmente decisivo para a expulsión de Mustaine foi o accidente de furgoneta que este provocou ó conducir borracho no traxecto que levou ó grupo de San Francisco a Nova Metallica World - Perfil Dave Mustaine : http://www.metallicaworld.co.uk/dave_mustaine.htm . De forma simultánea á expulsión, Kirk Hammett deixaba Exodus e dispúñase a saír cara Nova , chegando esa mesma noite a altas horas da madrugada. Alumno de Joe SatrianiEncycmet.com - Blue Jean Magazine (Xullo 2002) : http://www.encycmet.com/news/2002-07-03.shtml , Hammett introduciría un son máis melódico, técnico e estilizado en Metallica, que se faría patente a partir do segundo álbum do grupo, posto que o primeiro estaba composto na súa totalidade no momento da súa entrada. O debut do novo guitarrista tería lugar no neoiorquino Showplace abrindo para The Rods.

Tras un mes de ensaios con Hammett, Metallica entraría finalmente o 10 de maio nos Music America Studios para grava-lo seu primeiro álbum. O tracklisting sería practicamente igual que o de Non Life 'til Leather, incluíndo como novidades o tema Whiplash, xa aparecido en Live Metal Up Your Ass e o só de baixo que Burton adoitaba executar nos concertosMetallica - Cliff'em All. Dirixido por Jea Pellerin e Doug Freel. Editado o 4 de Decembro de 1987, baixo o nome de Anesthesia - Pulling Teeth. Ademais, tamén se incluiría unha versión remozada do tema The Mechanix, engadindo novos riffs e a rebautizando como The Four Horsemen. A produción correría a cargo de Paul Curcio, propietario dos estudios e enxeñeiro residente, levantando o seu traballo suspicacias por parte do grupo debido á diferenza de criterios con respecto ó son do álbum. Tras seis semanas de traballo, o primeiro traballo de Metallica sería lanzado no mes de xullo baixo o nome Kill'em All. Dito nome ("Matalos a Todos") proviña do enfado que produciu no grupo a negativa de diversas distribuidoras de discos a comercializa-lo álbum co título que o grupo quería lle dar, Metal Up Your Ass ("Metal polo Cu"). Zazula, incapaz de atopar unha compañía discográfica interesada en publica-lo disco, optou finalmente pola fundación dun selo propio, Megaforce Records. Conseguiuse a cifra de 17.000 copias vendidas nas dúas primeiras semanasTomás, Enrique - "Metallica". Editorial A Máscara. Ano 1996. ISBN 84-7974-133-3, e sobre todo, Kill'em All contribuíu notablemente a estende-la boa reputación de Metallica, recibindo unha avalancha de críticas favorables por parte da prensa especializada, que xa comezaba a velos como os iniciadores dunha nova corrente dentro do mundo do metal.

Como forma de promoción, Johnny Zazula organizaría un tour conxunto con Raven por toda a xeografía estadounidense, constando de 35 datas e bautizado como Kill'em All For One Tour. Posteriormente, e tras varios concertos en San Francisco, Nova e Boston, e practicamente coincidindo coa edición en Europa do singel Jump in the Fire por parte de Music for Nations, o 3 de febreiro de 1984 se inicia a xira europea Seven Dates of Hell, na que se encargan de abrir para os inglesas Venom, tendo como momento cumio a participación no Aardshock Festival en Holanda, tocando ante máis de 5000 persoas, a audiencia máis grande que tiveran ata o momento.

Ride The Lightning Rematada a súa primeira xira europea, Metallica entraría o 20 de febreiro nos Sweet Silence Studios de Copenhaguen para a gravación do seu segundo álbum, recaendo todo o peso da produción no Enxeñeiro residente Fleming Rasmussen, quen xa traballara anteriormente con pesos pesados como Mercyful Fate e Rainbow. O axustado orzamento do que Zazula dispuña converteuse no principal problema durante a gravación do álbum, que transcorreu a un ritmo frenético durante menos dun mes, quedando finalizada o 14 de marzo, e se vendo só interrompida polo errado tour Hell On Earth xunto a The Rods e Exciter, finalmente cancelado pola escasa venda de entradas. Con este novo traballo, Metallica tería que afrontar por primeira vez críticas provenientes dos seus propios fans debido á filtración de catro temas do álbum en forma de demo de traballo, concretamente Fight Fire With Fire, Creeping Death, Ride the Lightning e a experimental e instrumental When Hell Freezes Over, primeiro nome da despois coñecida como The Call of Ktulu. Á considerable evolución amosada nestes temas uníase o rumor latente de que o grupo estaba traballando nunha balada, o que provocou certo lea dentro do sector máis hardcore dos fans do grupo.

Ride the Lightning, nome que recibiría finalmente o segundo álbum de Metallica, suporía todo un cambio no son da banda, que se internaba en terreos moito máis melódicos e sinfónicos. Os labores de composición contaron coa colaboración de Burton e Hammett, incluíndo este último certos riffs da súa época en Exodus, como no caso de Creeping Death, que no seu interludio tomaba o riff e a liña vogal do tema Die By His Hand. O tema máis controvertido do álbum sería a balada de tinturas suicidas Fade to Black, escrito por Hetfield inspirándose no roubo de equipo que a banda sufriu o 14 de xaneiro daquel mesmo ano Encyclopedia Metallica - Song Info, Fade to Black: http://www.encycmet.com/songs/srfade2b.shtml , e visto por certa parte dos primeiros seguidores como unha traizón por parte da banda, á que atilaron abertamente como "vendidos".