José García de Mardones Ortiz de Pereda, máis coñecido como José Mardones, nado en Fontecha (Lantarón, Áraba) o 14 de agosto de 1868 e finado en Madrid o 4 de maio de 1932, foi un cantante vasco con rexistro de baixo.
José Mardondes chegou ser considerado o mellor baixo do mundo, co seu amplo rango vocal. O tenor Enrico Caruso dixo sobre el que "cando canta, oio a un arcanxo". Durante doce anos foi baixo titular da Metropolitan Opera House de Nova York.
Traxectoria José Mardones naceu en Fontecha en 1868, fijo de Juana Ortiz de Pinedo, natural de San Martín de Don, no municipio burgalés de Valle de Tobalina, e de Gordiano García de Mardones, natural de Fontecha. A súa nai finou cando José tiña tres anos, polo que pasou tempadas coas súas tías na localidade de Briviesca (Burgos, onde comezou a súa formación musical e cantaba como tiple no coro da Colexiata. Alí decidiu realizar estudos eclesiásticos, iniciándos na prefectura de Bergonda e, posteriormente, no seminario maior de Burgos.
Con todo, as calidades da súa voz acabarían por inclinar a súa vocación a favor do canto. Logo de tentar conseguir traballo na catedral de Valladolid, onde foi rexeitado por contar só con 16 anos, marchou a Palencia, onde conseguiu un posto como salmista na catedral de Palencia, trasladándose posteriormente a Madrid, nodo cantou en diversas igrexas e chegou ser solista da igrexa de San Millán, posto que alternou con actuacións en compañías secundarias. Nesa época xa casara con Catalina Laredo, á que coñecera durante a súa estadía en Briviesca.
miniatura|200px|José Mardones, na Metropolitan Opera House, en torno a 1924.
Logo de non conseguir unha bolsa para estudar no estranxeiro comezou a actuar en zarzuelas, realizando o seu debut no teatro 'Madrid Moderno', na compañía de Emilio Sagi Barba. Tamén en Madrid presentouse para á praza de cantor da Capela Real sen éxito. Como a súa intención era adicarse á ópera aproveitou a ocasión que se lle ofreceu de cantar no Teatro Real de Madrid, nunha audición do oratorio Moisés do relixioso e compositor italiano Lorenzo Perosi, dirigido polo seu autor. Os empresarios que sucederon a Arana no Real non valoraron suficientemente notable a voz de Mardones como para renovarlle o contrato polo que Mardones viuse obrigado a dar algunhas audicións en Sevilla, Bilbao e outras capitais españolas.
A prensa difundiu o éxito que acadou nestas actuacións, recibindo propostas para cantar no estranxeiro, actuando exitosamente no Teatro Nacional de San Carlos de Lisboa, en Milán e en Buenos Aires, para chegar finalmente aos Estados Unidos, onde permaneceu durante doce anos como ídolo do público no Metropolitan de Nova York. O 12 de novembro de 1917 debutou con Aida de Verdi, interpretando o papel de Ramfis, e a súa última aparición produciuse o 17 de abril de 1926, no papel de Alvise en La Gioconda de Amilcare Ponchielli. O 6 de maio de 1926 actuou por última vez na compañía do Metropolitan no papel de Sparafucile de Rigoletto de Verdi no teatro Eastman de Nova York, baixo a dirección de Tullio Serafin. En total foron 409 representacións coa compañía.
Logo de retirarse regresou a España, onde en 1928 ofreceu un concerto en Madrid coa colaboración da Orquestra Sinfónica e en 1929 en Barcelona, nun festival organizado pola Asociación da Prensa Diaria.
Faleceu en Madrid na madrugada do 4 de maio de 1932, logo dunha longa enfermidade.
Premios e recoñecementos Fillo Adoptivo de Vitoria-Gasteiz. Fillo Predilecto de Fontecha. Ilustre de Áraba. Rúa José Mardones en Vitoria-Gasteiz. 2018 – Actos de homenaxe no 150 aniversario do seu nacemento.
Notas
Categoría:Nados en 1868 Categoría:Finados en 1932 Categoría:Nados en Áraba Categoría:Baixos de España