María del Carmen Valderrama Currás, coñecida como Margariña Valderrama, nada en Madrid en 1943, é unha profesora e política galega. Margariña Valderrama: «Me cuesta, pero busco qué hacer después» (23/2/2014). La Voz de Galicia .

Traxectoria Cando tiña dez anos a familia trasladouse a Galicia. Estudou Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela, volveu a Madrid para estudar linguas semíticas e regresou de novo a Compostela onde se licenciou en Xeografía e Historia. Iniciou a súa actividade docente no Colexio La Inmaculada de Marín no curso 68-69. Posteriormente deu aulas no centro Salvador Moreno de Marín, de onde a botaron cando era PNN. Pasou despois ao IES Valle Inclán. Participou con Alfredo Conde na reunión de constitución do colectivo Voces Ceibes en 1968. En 1973 foi cofundadora, con outros oito socios (José Luis Llácer, Alfredo Conde, María Victoria Moreno, Blanca Varona, Ramón Yuste, Carmen María Echarre, Paco Gulías e Javier Yuste) da librería Xuntanza, na rúa Andrés Muruais de Pontevedra, que pechou en 1976 polas débedas.

No ámbito da política, militou no PSOE. Foi a primeira muller que formou parte da Executiva Nacional galega e tamén a primeira muller concelleira en Poio. Aprobada a oposición, foi destinada á Xunqueira. Máis adiante foi profesora de Xeografía e Historia do IES Sánchez Cantón, onde se xubilou en 2014, despois de exercer como xefa de estudos e directora. Durante un tempo exerceu como inspectora de educación en Pontevedra, e participou en varias comisións para a reforma do ensino.

É coautora dun libro de texto de Historia do Mundo Contemporáneo, e tamén colaborou na Revista Galega de Educación.

Vida persoal

Estivo casada con Alfredo Conde, con quen tivo dúas fillas.La Voz de Galicia, 25-7-1985, p. 17. Recoñecementos Con motivo do Día da Muller, a Comisión Executiva Municipal da Agrupación Socialista de Pontevedra homenaxeouna en 2014. O 1 de decembro de 2018, o PSdeG-PSOE realizou un acto en Compostela en recoñecemento a aqueles militantes con máis de 40 anos de compromiso co socialismo, entre eles, Margariña Valderrama.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas «Me pusieron Margariña no como nombre de guerra, sino de amor» (17/5/2008). La Voz de Galicia .

Categoría:Voces Ceibes Categoría:Profesores de educación secundaria Categoría:Políticos do PSOE Categoría:Concelleiros de Poio Categoría:Concelleiros de Galicia durante a democracia

Categoría:Nados en Madrid Categoría:Nados en 1943

Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes