Áurea Rodríguez Barros, coñecida por Aurita Rodríguez, nada en Ponteareas en 1929 e finada o 21 de maio de 2021, foi unha ciclista galega.

Traxectoria Naceu nunha familia moi vinculada ao deporte. Os seus irmáns Delio, Emilio, Manuel e Pastor foron ciclistas profesionais con triunfos internacionais. Outro dos irmáns, José, xogou ao fútbol.

Ela participou en competicións de ciclismo e está considerada unha das pioneiras do deporte feminino en Galicia. Foi campioa de ciclismo de Galicia nos anos corenta.

Notas

Categoría:Ciclistas de Galicia Categoría:Nados en Ponteareas Categoría:Nados en 1929 Categoría:Finados en 2021 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes