The Final Table é un concurso de televisión estadounidense e reality de cociña presentado polo escritor e crítico culinario Andrew Knowlton. Foi rodado nos Ánxeles, California por Netflix. A primeira temapada foi estreada o 20 de novembro de 2018. Compiten doce equipos internacionais compostos por dous chefs que deben crear pratos baseados na cociña de cada país. A primeira rolda é xulgada por un panel de tres persoas — un crítico gastronómico e dous cidadáns culturalmente significativos, todos representando o país do episodio — avaliando a interpretación de cada equipo do prato elixido. Intercalados entre as actividades de cociña hai anacos de vídeo das biografías dos concursantes.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Series de televisión en lingua inglesa Categoría:Series de televisión iniciadas en 2018 Categoría:Series de televisión finalizadas en 2018 Categoría:Series de televisión do Reino Unido