Antoine Joseph Jean Solier, nado o 8 de febreiro de 1792 en Marsella e finado o 27 de novembro de 1851 na mesma cidade, foi un naturalista francés, entomólogo e coleccionista de plantas.Solier, Antoine Joseph Jean en CERL Thesaurus.
Traxectoria
Capitán de enxeñeiros do exército francés, fixo coleccións de coleópteros en Francia, Alxeria e a zona mediterránea, así como nunha expedición a Oceanía.
Solier traballou na fauna mundial dos escaravellos, escribindo numerosos traballos científicos sobre os coleópteros.Gay, C. (1844): Historia fisica y politica de Chile segun documentos adquiridos en esta republica durante doce años de residencia en ella y publiciada bajo los auspicios del supremo gobierno. Zoologia. Tomo cuarto. Paris, Chile, pp. 105-508.
As súas coleccións, importantes especialmente para a familia dos tenebriónidos, están gardadas no Museo Nacional de Historia Natural de Francia.
Antoine Solier foi membro da Societé Entomologique de France.
Abreviatura en botánica A abreviatura Solier emprégase para recoñecer a como autoridade na descrición e taxonomía en botánica.Solier – Antoine Joseph Jean Solier (1792-1851) no IPNI.
Abreviatura en zooloxía A abreviatura Solier emprégase para recoñecer a como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.
Notas
Véxase tamén
Categoría:Científicos de Francia Categoría:Militares de Francia Categoría:Exploradores Categoría:Entomólogos de Francia Categoría:Botánicos de Francia Categoría:Nados en 1792 Categoría:Nados en Marsella Categoría:Finados en 1851