Melati Wijsen, nada en 2001, e Isabel Wijsen, nada en 2003, son activistas climáticas indonesias. As dúas irmás son coñecidas polos seus esforzos para reducir o consumo de plástico en Balí.
As irmás naceron en Balí, de pais holandeses e indonesios. En 2013, cando Melati tiña 12 anos e Isabel 10, comezaron unha campaña para librar a Balí das bolsas de plástico desbotables chamada Bye Bye Plastic Bags. Para chamar a atención do público, organizaron unha folga de fame do amencer ao anoitecer en 2016, esixindo con éxito unha reunión co entón gobernador de Balí, I Made Mangku Pastika. A campaña resultou na sinatura de Pastika dunha orde para prohibir as bolsas e pallas de plático a partir de 2018.
En 2017, o dúo falou no Día Mundial do Océano das Nacións Unidas na cidade de Nova York. En 2018, as dúas foron nomeadas dúas dos 25 adolescentes máis influentes de 2018 pola revista Time. En 2020, Melati foi relatora convidada no Fórum Económico Mundial en Davos. En 2019, un documental sobre Melati Wijsen titulado Bigger than Us foi estreado. O filme foi dirixido polo director francés Florece Vasseur e producido por Marion Cotillard.
Notas
Categoría:Nados en Indonesia Categoría:Ecoloxistas de Indonesia