Elizabeth Jones, nada en Montclair, Nova Jersey, o 31 de maio de 1935, é unha gravadora, medallista e deseñadora de moeda estadounidense, a undécima en ocupar a xefatura do Departamento de Gravado da Casa da Moeda dos Estados Unidos (1981-1991)."Nomination of Elizabeth Jones To Be Engraver of the United States Mint at Philadelphia, Pennsylvania". The American Presidency Proyect. 13 de xullo de 1981."Elizabeth Jones. US Chief Coin Designer and Engraver". USA Coin Book.

A súa marca de gravadora, que estampa nas moedas e medallas da súa creación, é EJ.Klemesrud, J. (1983).

Traxectoria Jones, filla dun médico xinecólogo de Nova Jersey, cursou o seu ensino secundario na súa vila natal e en 1953 graduouse na Montclair Kimberley Academy. Posteriormente fixo estudos superiores no Vassar College, no Estado de Nova York, no que acadou a súa graduación en Historia da Arte en 1957. Entre 1958 e 1960 ampliou os seus estudos na Art Students League, de Nova York, e en 1961 marchou a Roma para seguir a súa formación, cidade na que pasou as dúas décadas seguintes. Alí comezou a se sentir atraída polo mundo da medalla logo de coñecer o escultor italiano Renato Signorini, autor da medalla oficial dos Xogos Olímpicos de Roma de 1960. Entre outras institucións, en Roma instruíuse en medallística na Scuola dell’Arte della Medaglia do Istituto Poligrafico e Zecca dello Stato.

En 1979, o Goberno italiano encomendoulle a elaboración dunha medalla de ouro na honra de Xoán Paulo II. Alí gravou tamén outras medallas sobre diversos personaxes como Mozart, Picasso, Albert Schweitzer, Charles Dickens ou Susan B. Anthony.

De volta nos Estados Unidos, en setembro de 1981, cando tiña 46 anos, o presidente Ronald Reagan nomeouna gravadora xefa da US Mint, logo da xubilación do anterior xefe, Frank Gasparro. Tratábase da primeira vez que unha muller ocupaba este posto. Naquel momento, Jones xa era considerada como unha reputada gravadora de medallas, e xa levara a cabo diversos traballos por encarga, entre outros, da Frankling Mint, da Medallic Art Company e da Judaic Heritage Society.

En 1991, Elizabeth Jones xubilouse do seu posto como gravadora xefa logo dunha década no cargo e, desde ese momento, o posto quedou vacante durante 15 anos, antes de ser ocupado por John Mercanti.

Un dos traballos máis sobranceiros de Jones foi a moeda dun dólar de prata de 1983 conmemorativa dos Xogos Olímpicos dos Ánxeles, que amosa un lanzador de disco cos contornos marcados en tres capas, o que dá a sensación dun movemento estroboscópico."1 Dollar XXIII Olympiad Los Angeles". Numista.com"1 Dollar (XXIII Summer Olympic Games 1984 Los Angeles". Colnect.com Tamén é relevante a súa medalla presidencial, correspondente a Ronald Reagan.Deisher, B. (2015). "Ex chief engraver recalls President Reagan’s medal". En Coin World. 22 de abril.

Recoñecementos (1972): Escultor do ano, da American Numismatic Association. (1978): Premio Louis Bennett, da National Sculpture Society. (1994): Membro honorario da American Numismatic Association.

Escolma de traballos de Elizabeth Jones

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Benvenuto, M. (2020). "Elizabeth Jones: A Master Chief Engraver". En Coins Magazine. 67 (7). Páxina 12. Klemesrud, J. (1983). “Her mark is on the coinage”. En The New York Times. 26 de xuño de 1983.

Outros artigos Gravador xefe da Casa da Moeda dos Estados Unidos

Categoría:Nados en 1935 Categoría:Nados en Nova Jersey Categoría:Gravadores da Casa da Moeda dos Estados Unidos Categoría:Escultores dos Estados Unidos de América Categoría:Alumnos do Vassar College