A lingua piaroa (tamén chamada guagua, kuakua, quaqua, adole, ature ou wo'tiheh) é unha lingua indíxena falada polo pobo piaroa en Colombia e Venezuela. Loukotka (1968) rexistrou que a lingua é falada na rexión dos ríos Sipapo, Orinoco e Ventuari. Segundo datos de 2001 tiña 13 000 a 14 000 falantes. O piaroa está clasificado como "vulnerable" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.

A lingua wirö está estreitamente relacionada coa piaroa, e as dúas forman a rama piaroa da familia salibana.Zamponi, R. 2017 'Betoi-Jirara, Sáliban, and Hodɨ: relationships among three linguistic lineages of the mid-Orinoco region'. Anthropological Linguistics 59: 263-321.

Notas

Categoría:Linguas salibanas Categoría:Linguas de Colombia Categoría:Linguas de Venezuela