As linguas chocó son unha pequena familia de linguas indíxenas que se estenden a través de Colombia e Panamá.
Clasificación da familia A familia chocó componse de seis linguas distintas, e todas agás dúas xa están extintas.
Emberá (tamén coñecido como chocó, cholo) Wounaan (tamén coñecida como noanamá, waunana, woun meu) Anserma (†) Arma (†) ? (sen rexistrar) Sinúfana (Cenufara) (†) ? Caramanta (†) ?
O anserma, arma e sinúfana son linguas extintas.
O grupo emberá consta de dúas linguas faladas principalmente en Colombia, con máis de 60 000 falantes dun continuo dialectal mutuamente intelixible. Ethnologue divídeas en 6 linguas. Kaufman (1994) considera o termo "cholo" impreciso e condescendente. O wounaan ten preto de 6 000 falantes na fronteira entre Panamá e Colombia.
Jolkesky (2016) Clasificación interna de Jolkesky (2016):Jolkesky, Marcelo Pinho De Valhery. 2016. Estudo arqueo-ecolinguístico das terras tropicais sul-americanas. Ph.D. dissertation, Universidade de Brasilia.
(† = extinto)
Chocó Wounaan Emberá Emberá meridional: baudó, chamí, eperara Emberá setentrional: catío e emberá setentrional
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Campbell, Lyle. (1997). American Indian languages: The historical linguistics of Native America. Nova York: Oxford University Press. . Constenla Umaña, Adolfo; & Margery Peña, Enrique. (1991). Elementos de fonología comparada Chocó. Filología y lingüística, 17, 137-191. Greenberg, Joseph H. (1987). Language in the Americas. Stanford: Stanford University Press. Gunn, Robert D. (Ed.). (1980). Claificación de los idiomas indígenas de Panamá, con un vocabulario comparativo de los mismos. Lenguas de Panamá (No. 7). Panamá: Instituto Nacional de Cultura, Instituto Lingüístico de Verano.