miniatura|Setra S8 de 1951.

Setra é unha marca de autocares para o transporte de pasaxeiros fabricados pola empresa EvoBus GmbH na súa planta de Neu-Ulm, Alemaña. Recentemente converteuse en filial de Daimler Truck AG.

O nome «Setra» provén da palabra en alemán «Selbsttragend» (autoportante), que fai referencia á característica integral utilizada na construción dos vehículos na década de 1950 cando as empresas competidoras aínda producían vehículos co chasis separado do corpo principal (os cales a miúdo eran fabricados por distintas empresas). É probable que a elección do nome tamén fose influenciada en estratexias de mercadotecnia para gañar mercados de exportación, xa que o nome «Kässbohrer» podía ser difícil de pronunciar para persoas que non falan a lingua alemá.

Até 1995 a empresa operou baixo o nome Kässbohrer-Setra, pero por mor de dificultades económicas ese ano foi vendida a Daimler-Benz AG, a que a partir de 1998 pasou a ser referida polo nome de DaimlerChrysler AG e posteriormente Daimler AG. Desde 1995, Setra é unha das marcas de EvoBus GmbH, empresa filial de Daimler Truck AG. miniatura|Setra S 80 coach in Tallinn, Estonia.

Produtos miniatura|Setra S431 DT actual. Top Class Gama de autocares de luxo e de máis categoría do construtor alemán que inclúe: S 515 HDH S 516 HDH S 517 HDH S 431 DT S 531 DT

Confort Class 500 Gama de autocares de uso interurbano e para viaxes, lanzada ao mercado en xaneiro de 2013, que inclúe:

S 511 HD S 515 HD S 516 HD S 516 HD/2 S 517 HD S 519 HD

Multi Class Gama de autobuses de uso urbano e convencional que inclúe: S 412 UL Euro VI S 415 UL Euro VI S 416 UL Euro VI S 417 UL Euro VI S 419 UL Euro VI S 415 H Euro VI S 416 H Euro VI S 415 UL Business Euro VI S 416 UL Business Euro VI S 417 UL Business Euro VI S 415 LLE Business Euro VI S 416 LLE Business Euro VI

Véxase tamén

Ligazóns externas

Categoría:Empresas fundadas en 1951 Categoría:Empresas de Alemaña