Shi Jian 9A ou SJ 9A foi un satélite artificial da China lanzado o 14 de outubro de 2012 a bordo dun foguete CZ-2C desde o Centro de lanzamento de Taiyuan xunto co satélite Shi Jian 9B.
Características SJ 9A era un satélite deseñado pola Comisión de Ciencia, Tecnoloxía e Industria para a Defensa Nacional da China (COSTIND). Baseábase no bus CAST-2000 e levou a cabo experimentos en órbita relativos a propulsión eléctrica, sistemas de control e estabilidade de alta precisión, fontes de enerxía de alto rendemento e control térmico avanzado.
Notas
Véxase tamén Outros artigos CZ-2C Shi Jian 1 Shi Jian 2 Shi Jian 2A Shi Jian 2B Shi Jian 4 Shi Jian 5 Shi Jian 6 Shi Jian 7 Shi Jian 8 Shi Jian 9B Shi Jian 10 Shi Jian 11 Shi Jian 12 Shi Jian 13 Centro de lanzamento de Taiyuan
Categoría:Satélites artificiais