A Liga Europea de hóckey a patíns 2020/21 foi a 56ª tempada do principal torneo de hóckey a patíns de Europa, organizado polo CERH. Comezou o 9 de abril de 2021 e rematou o 16 de maio do mesmo ano.
O campión desta edición foi o Sporting de Portugal, que gañou o seu terceiro título, despois de derrotar na final ao FC Porto.
Antecedentes A pandemia de COVID-19 obrigou á cancelación da edición 2019/20 cando aínda non acabara de disputarse a fase de grupos.
Equipos participantes
Clasificación de federacións Debido á cancelación da anterior edición do torneo, descartouse a tempada 2019/20 e asignáronse prazas ás federacións segundo o mesmo coeficiente que na tempada 2018/19, tendo en conta o rendemento dos equipos representantes de cada federación nas competicións europeas entre as tempadas 2015/16 e 2018/19.
A participación reservouse a equipos de asociacións cunha capacidade efectiva para organizar anualmente os seus propios campionatos nacionais. Todas estas federacións (7) terían polo menos un equipo participante na competición. Para asignar as outras nove prazas, aplicouse o método D'Hondt ao coeficiente de cada federación, ata un máximo de catro equipos. En caso de retiradas, daríase prioridade segundo a orde establecida polo método D'Hondt.
RangoAsociaciónCoeficienteEquiposD'Hondt Puntos1 Portugal21.667410.8337.2225.4172 Spain18.50049.2506.1674.6253 Italy16.23538.1185.4124.0594 France8.56024.2802.8532.1405 Switzerland5.72712.8641.9091.4326 Germany4.90912.4551.6361.2277 England3.00011.5001.0000.750
Orixinalmente, segundo afirmou o CERH, inscribíronse trece equipos para xogar o torneo. Faltando tres equipos para completar o cadro regular de dezaseis, o CERH enviou unha invitación a tres equipos clasificados para a Copa WSE. Os equipos que se uniron ao cadro de dezaseis foron o Barcelos de Portugal, o Coutras de Francia e o Genève de Suíza. O 12 de setembro realizouse o sorteo dos grupos coa participación de cinco equipos portugueses (Benfica, Sporting, Oliveirense, FC Porto e Barcelos), catro españois (FC Barcelona, Liceo, Reus e Noia), tres franceses (La Vendéenne, Saint-Omer e Coutras), dous suízos (Genève e Diessbach), un italiano (Bassano) e un alemán (Germania Herringen).
O cadro orixinal do torneo da Euroliga 2020/2021 quedou do seguinte xeito:
+Equipos clasificados orixinalmente para a Liga Europea 2020/21EquiposEntre parénteses clasificación dos equipos nas súas respectivas ligas antes de que estas fosen suspendidas.Grupo AGrupo BGrupo CGrupo D Sporting 1º FC Porto FC Barcelona Saint-Omer CE Noia HC Liceo Benfica Reus Deportiu Coutras Genève Diessbach Oliveirense Germania Herringen La Vendéenne Bassano OC Barcelos
Efectos da pandemia da COVID-19 O 18 de outubro de 2020, o CERH decidiu aprazar a maioría dos partidos da xornada 1 debido ás restricións ás viaxes impostas pola pandemia de COVID-19 en Europa. O 29 de outubro do mesmo mes anunciouse que todas as competicións internacionais do CERH quedarían suspendidas ata finais de ano.
O 17 de xaneiro de 2021 publicouse unha lista actualizada de clubs interesados en participar baixo novas condicións, pero só os nove clubs ibéricos aceptaron, renunciando todos os demais.
+Equipos clasificados para a Liga Europea 2020/21EquiposEntre parénteses clasificación dos equipos nas súas respectivas ligas antes de que estas fosen suspendidas. Benfica Sporting 1º Oliveirense FC Porto FC Barcelona HC Liceo CE Noia Reus Deportiu OC Barcelos
Sistema de competición Trala retirada dos sete equipos estableceuse un novo formato para os 9 equipos restantes, composto por dúas fases. A primeira fase consiste en tres grupos de tres equipos, xogando cada equipo dous partidos, contra os outros dous equipos do mesmo grupo. Todos os partidos desta fase dispútanse entre o 9 e o 11 de abril nunha soa sede, na vila portuguesa de Luso.
A segunda fase, a final a 4, consiste en semifinais e finais a un partido, participando nela os tres primeiros equipos clasificados dos tres grupos da primeira fase, así como o mellor segundo clasificado. Xogarase tamén nunha soa sede, entre o 15 e o 16 de maio.
O 27 de febreiro de 2021 realizouse en Lisboa o novo sorteo para a composición dos grupos.
Calendario O calendario da competición é o seguinte: +Programa da Euroliga 2020/21FaseRoldaDataFase de gruposDía 19 de abril de 2021Día 210 de abril de 2021Día 311 de abril de 2021Final a catroSemifinais15 de maio de 2021Final16 de maio de 2021 O calendario orixinal da competición, tal e como estaba previsto antes da pandemia, era o seguinte: +FaseRoldaDataEtapa de grupoDía 17 de novembro de 2020Día 221 de novembro de 2020Día 312 de decembro de 2020Día 416 de xaneiro de 2021Día 530 de xaneiro de 2021Día 613 de febreiro de 2021Knockout FaseCuartos de final20 de marzo de 2021Semifinais17 de abril de 2021Final15 de maio de 2021
Fase de grupos
Grupo A
Clasificación +PosEquipoPXPGPEPPGFGCDGPtsNotas1 FC Porto2110107 +34Pasa a semifinais2 OC Barcelos202088023 CE Noia2011912-31
Partidos
Grupo B Clasificación PosEquipoPXPGPEPPGFGCDGPtsNotas1 Oliveirense2110117 +44Pasan a semifinais2 Sporting2110119+243 Reus Deportiu2002410-60
Partidos
Grupo C
Clasificación PosEquipoPXPGPEPPGFGCDGPtsNotas1 Benfica2200119 +26Pasa a semifinais2 FC Barcelona201188013 HC Liceo201148-41
Partidos
Clasificación dos segundos de grupo PosEquipoPXPGPEPPGFGCDGPtsNotas1 Sporting2110119 +24Pasa a semifinais2 OC Barcelos202088023 FC Barcelona20118801
Final a catro
Cadro
Partidos
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Páxina web oficial do torneo .
Categoría:Edicións da Copa de Europa de hóckey a patíns Categoría:Hóckey a patíns en 2020 Categoría:Hóckey a patíns en 2021