As eleccións xerais celebráronse en Groenlandia o 6 de abril de 2021, ó mesmo tempo que as eleccións locais.Greenland’s parliament calls an early election Arctic Today, 17 de febreiro de 2021 Inuit Ataqatigiit conseguiu ser o partido máis votado, gañando 12 dos 31 asentos no Inatsisartut. O partido no goberno, Siumut, acabou segundo con 10 asentos.

Contexto En novembro de 2020, o Primeiro ministro Kim Kielsen foi derrotado nas eleccións primarias do partido Siumut, perdendo fronte a Erik Jensen. Porén, Kielsen permaneceu no cargo como primeiro ministro. A rivalidade crecente entre os dous e os desacordos sobre a cuestión da mina de Kvanefjeld levou a Demokraatit a desfacer a coalición de goberno, deixando a Siumut e Nunatta Qitornai con só 12 dos 31 escanos de Inatsisartut. Kielsen non puido formar unha nova coalición de goberno e o Inatsisartut votou para a celebración de novas eleccións.

A minaría de terras raras foi un tema central nas eleccións, sendo o depósito de Kvanefjeld, localizado no sur da illa, obxecto a audiencias públicas e campañas partidistas. Os metais de Groenlandia son empregados para a manufactura de compoñentes como turbinas de vento e vehículos eléctricos. O proceso é contaminante mais os recursos experimentaron un aumento de prezo por mor da crecente demanda de vehículos eléctricos. O uranio tamén está presente en Groenlandia, mais a extracción deste recurso conta cunha forte oposición dos residentes. Greenland Minerals Limited, unha compañía chinesa con sede en Australia artellou un proxecto para minar na área de Kvanefjeld dende 2007 e estaba no seu "obstáculo final".

O partido da oposición Inuit Ataqatigiit pediu unha moratoria sobre a extracción de uranio, poñendo en tela de xuízo o proxecto de minaría de terras raras, mentres que o partido gobernante, Siumut, expresou o seu apoio ao proxecto, citando o crecemento económico como unha razón clave. Nunha enquisa feita para coñecer a opinión pública sobre a minaría no xacemento de Kvanefjeld, o 63% opúxose a dita actividade, dos cales o 45% estaba "moi en contra. Outros temas, como a independencia, as políticas fronte a COVID-19, a política externa e as opinións sobre as institucións democráticas foron considerados menos importantes en relación co debate da minaría.

Sistema electoral Os 31 membros de Inatsisartut son escollidos por representación proporcional nunha única circunscrición nacional. Os asentos son repartidos empregando o método D'Hondt.Election Profile IFES

Notas

Categoría:Eleccións en Groenlandia Categoría:Eleccións celebradas en 2021