Chámase Romanticismo a un feixe heteroxéneo de estilos encontrados na pintura occidental nun período de máis de cen anos entre a fin do século XVIII e a fin do século XIX, como unha reacción ao equilibrio, impersonalidade, racionalidade e sobriedade do clasicismo, e cuxa énfase estaba na expresión de visións persoais fortemente coloridas pola emoción dramática e irracional. Unha cronoloxía unificada é imposíbel de estabelecer; varía conforme a rexión e os autores tamén discordan sobre a súa amplitude, algún reducindo o período para entre o inicio do século XIX e apenas unhas poucas décadas seguintes.Galitz, Kathryn Calley. Romanticism. In Heilbrunn Timeline of Art History. New York: The Metropolitan Museum of Art, 2000. Walsh, Linda. Romantic painting. The Open University. BBC
Orixes do movemento O Romanticismo tomou forma de aborda, primeiramente como unha tendencia naturalista na crítica literaria e na filosofía, e tivo grande influencia sobre as outras artes e a cultura da sociedade en xeral. Xurdiu nos mediados do século XVIII a través dos escritos de Rousseau e outros filósofos da Ilustración (Iluminismo), que entre outras ideas alimentaban o mito do "bo salvaxe" e avogaban un retorno á natureza. Rousseau, no seu Discurso sobre as Artes e a Ciencia, cuestionou tanto o concepto de progreso que se viña desenvolvendo como o racionalismo, base dese progreso. Tamén debatía respecto ao efecto destrutivo que as artes e ciencia tiñan sobre a moralidade innata do ser humano. Desta forma, lanzábanse dous conceptos importantes para o florecemento do Romanticismo artístico: a irracionalidade, os sentimentos individuais e o misticismo en detrimento da razón, e o ligamento co mundo natural. Logo ese corpo de ideas, centrado no igualitarismo e no individualismo, expandíase para un ataque aos sistemas de poder como o Estado aristocrático e a Relixión institucionalizada, alegando que a orde natural non autorizaba as desigualdades sociais, contribuíndo poderosamente para a eclosión de movementos político-sociais como a Revolución Francesa e a loita polos dereitos civís igualitarios, que máis tarde darían orixe á democracia como hoxe a coñecemos.
Outra fonte para o substrato conceptual da pintura romántica foi o desenvolvemento da teoría do sublime polo irlandés Edmund Burke, da que pronto se fixo eco o enciclopedista Denis Diderot na Francia. Segundo eles, todo o que asombra a alma, todo o que nela imprime unha sensación de terror, leva ao sublime, ou sexa, a aquilo que é elevado, grandioso, exaltado. Nesta teoría, a beleza e o sublime son opostos. Mentres que a luz realza a beleza, tanto escuridade como luz, levadas ao extremo, obliteran a visión do obxecto, e xeran o asombro, a incerteza, a confusión e o sublime, aínda que así como a beleza, el poida xerar deleite cando se entende que o terror é ficticio. Era unha visión totalmente contraria á concepción clásica de calidade estética, admitindo a fealdade e o horror como elementos capaces de xerar pracer estético polo estímulo intenso das emocións. Kant contribuíu para esa noción dicindo na súa obra Crítica do Xuízo que "chamamos sublime aquilo que é absolutamente grande", e notando que a beleza se liga á forma do obxecto, tendo así límite, e que o sublime é caracterizado polo amorfo ou informe e polo ilimitado. Ademais, poetas como Blake, Wordsworth, Byron e Shelley rexeitaban o racionalismo e a orde da civilización dicindo que a natureza, máis o poder curativo da imaxinación, poderían levar as persoas a unha transcendencia do seu difícil día a día, e que os poderes da creatividade poderían ser usados para transformar o mundo e rexenerar súa espiritualidade. Así os artistas considerábanse profetas dunha nova era e os intérpretes da realidade.Forward, Stephanie. Legacy of the Romantics. The Open University. BBC
A pintura romántica miniatura|Fuseli: O soño de Belinda, 1780-1790. Art Gallery of Vancouver miniatura|Delacroix: A Liberdade guiando o pobo, 1830. Museo do Louvre A definición do Romanticismo na pintura é difícil. Non foi un estilo unificado en termos de técnica ou temática, xa que a diversidade de contextos nos varios países onde esa corrente floreceu deu marxe á formación de escolas rexionais bastante características e por veces centradas en temas ou abordaxes específicos. Dixo Baudelaire:
O romanticismo non se encontra nin na escolla dos temas nin na súa verdade obxectiva, senón no modo de sentir. Para min, o romanticismo é a expresión máis recente e actual da beleza. E quen fala de romanticismo fala de arte moderna, quere dicir, intimidade, espiritualidade, cor e tendencia ao infinito, expresados por todos os medios de que as artes dispoñen"..Carrassat, Fride R. & Marcadé, Isabelle. Movimientos de la pintura. Spes Editorial, S.L., 2004, pág. 41, ISBN 84-8332-596-9
Desde aí enténdese que son de esperar o xurdimento de tendencias múltiples axitándose baixo unha mesma denominación, ás veces concordes, outras en aparente oposición, e a historia da pintura revela o acertado da análise do poeta. Xeralmente concédese que un elo unificador foi o desexo de expresión do individual, do intenso, do subxectivo, do irracional, do espontáneo e do emocional, do visionario e do transcendente, antes do que o impersoal, o lóxico, o moderado e o claro, o equilibrado e o pre-programado que estruturaran o ideal clásico. Moitas veces a expresión do xenio individual xerou proxectos que buscaban primariamente chocar, cortexando o extravagante, o non-convencional, o exótico e o excéntrico e abeirando o melodramático, o mórbido e o histérico.
As súas ideas individualistas favoreceron o nacemento da liberdade de escolla, dun senso de integridade e independencia do artista e dun espírito adverso ás convencións estilísticas de sistemas de valores xenéricos e impersoais como os sustentados polo Neoclasicismo e o Academicismo. Naturalmente esa postura chocaba contra a orde estabelecida, e non sorprende a proliferación de imaxes dramáticas que é unha das marcas desa escola, expresando a soidade e angustia do creador diante dunha sociedade incomprensiva, só encontrando consolo na natureza, representada cunha face ora épica e heroica, ora lírica e tenra, ora patética e aterrorizante, como un espello da súa alma atormentada pero en unión mística coa creación no seu estado virxe. Tamén eses sentimentos moitas veces se mostraban como unha profunda compaixón para co sufrimento do home, ou como unha revolta contra a opresión e as desigualdades, tendo moitas veces servido a pintura para defender o pobo contra a tiranía do sistema, vide a contribución de Goya e Delacroix. Non obstante, co pasar dos anos, os seus valores máis vigorosos e contestatarios foron incorporados pola propia Academia e tornáronse convencionais, dexenerando para un sentimentalismo inocuo e por veces afectado. esquerda|miniatura|Bierstadt: Entre as montañas da Sierra Nevada. Smithsonian American Art Museum Crendo aínda que o mundo invisíbel podería ser tornado visíbel pola man do artista, un mundo rexido non pola moralidade ordinaria senón por forzas sobre-racionais que tiñan unha lóxica e xerarquía de seu, tamén se tornan comúns as representacións de soños e pesadelos, de visións místicas e relixiosas, de fábulas, de mitos antigos, e do imaxinario interior subxectivo de cada artista, ben exemplificados na obra de Blake e Fuseli. Outros proban a disolución das formas a fin de transcender os límites convencionais da nosa visión e abrir as portas de novas formas de percepción e sensibilidade, como atesta a pintura case abstracta de Turner nos seus mellores momentos.
Aínda que comunmente concibida en oposición á pintura neoclásica e académica, a romántica en moito delas depende en termos de técnica e tomou emprestados moitos dos seus modelos formais e ocasionalmente os seus temas, sendo por veces unha tarefa infausta definir fronteiras de estilo, ambos coexistindo durante un bo tempo. Como distinción xenérica, os románticos dan maior énfase á cor, seu deseño é menos exacto e linear, privilexiando a mancha e a pincelada expresiva na construción da forma, as súas composicións son máis movidas e a súa luz ten contrastes máis poderosos. A paisaxe a miúdo está convulsionada por tempestades ou o mar axitado, con efectos impactantes de atmosfera e iluminación, realzando a sensación de grandiosidade na vista de altas montañas, vales profundos e o horizonte infinito, temas centrais na arte de Bierstadt, Friedrich e outros.Child. Jack. Romanticism
Porén a violencia e maxestade da natureza, o sufrimento do home, o arroubo místico, non foron as únicas liñas de traballo romántico, e imaxinar que o Romanticismo é feito só de drama é privalo de boa parte de seu interese e forza; visións introspectivas, máis líricas e contemplativas, tinguidas dun optimismo claro e conciliador, tamén son elementos típicos e esenciais da escola, e entre eses dous extremos fórmanse as sínteses máis diversas. Arquitecturas clasicistas poden ser coloradas con extravagancia e envoltas en efectos de atmosfera impensábeis para David, por exemplo, que foi o prototipo do clasicismo no seu estado máis puro; un close-up enternecido sobre a vida do labrego esfarrapado pode revelar un aspecto realista e case científico de observación do natural, e imaxes do oriente, unha temática tan tipicamente romántica, poden ser tratadas con naturalismo e obxectividade.
Moitos dos pintores románticos foron grandes viaxeiros, e buscaron inspiración en países exóticos e pouco coñecidos polo occidental. Algúns chegaron a explorar os trópicos e o Ártico, ou penetraron en rexións inhóspitas divulgando as súas belezas naturais e contribuíndo para o des-bravamento e colonización de vastas áreas virxes, como foi o caso típico dos románticos norteamericanos. Outros, incapaces de se contentar con seu tempo cotián, localizaron a súa obra en tempos antigos, idealizando o pasado e reconstruíndo plasticamente unha historia e tradición das cales non había rexistro visíbel e dando substrato para a construción ou consolidación dun senso de identidade nacional, mesmo aínda que hoxe é obvio que a imaxe presentada frecuentemente non correspondía cos traxes revelados polas pescudas científicas posteriores.
Escolas nacionais miniatura|John Constable: A catedral de Salisbury miniatura|William Turner: O incendio no Parlamento, 1835. Cleveland Museum of Art O Romanticismo inglés naceu ao redor de 1780 na obra de pintores como James Barry, John Hamilton Mortimer, John Brown, George Romney e Henry Fuseli, insatisfeitos co Academicismo reinante. Buscaron, influenciados polo Maneirismo italiano, na paisaxe e en temas literarios e imaxinarios a inspiración para o seu gosto ecléctico e inclinado ao heroico e o patético. O poeta e pintor William Blake foi influenciado por este grupo, evolucionando para a representación dunha cosmoloxía mística e simbólica que continuaba a tradición das iluminuras medievais, e crendo que soamente o xenio poético sería capaz de entender o infinito até mesmo nunha folla de herba. Blake foi unha referencia para as paisaxes soñadoras e intensas de Samuel Palmer e Edward Calvert, que non obstante non vían oposición entre o irracional e o empírico, e estimularon unha procura dos fenómenos naturais.