Para o numismático con nome e apelido coincidentes, véxase Hendrik Enno van Gelder (numismático)
Hendrik Enno van Gelder, nado o 16 de febreiro de 1876 en Ámsterdam e finado o 24 de xuño de 1960 na Haia, foi un arquiveiro e director de museo neerlandés.De Jong, A. A. M. (1979).Wijsenbeek, L. J. F. (1964).
Traxectoria
Orixe familiar Hendrik Enno pertencía a unha dinastía de empresarios. O seu pai era Jan Gerrit van Gelder (1850-1917), ata 1899 membro da compañía H. E. van Gelder, dedicada á serraxe e á comercialización de madeira; e a súa nai Jeannette Agnes Beets (1852-1928), filla do profesor Nicolaas Beets (1814-1903).Wijsenbeek, L. J. F. (1964). Páxina 45.
No gymnasium de Ámsterdam cursou o ensino secundario entre 1888 e 1894.
Carreira Van Gelder iniciou en 1895 os estudos de Dereito e Ciencias da Administración na Universidade de Ámsterdam e acadou a súa graduación en 1899. Só un ano despois, en 1900, obtivo unha praza de arquivista adxunto na vila de Alkmaar, ao norte do país. En 1906 trasladouse á Haia como arquivista titular e en 1912 pasou a ocupar a dirección do museo de arte moderna desa cidade, o Haags Gemeentemuseum.Wijsenbeek, L. J. F. (1964). Páxina 46.
En 1918 creouse o Servizo Municipal de Artes e Ciencias, entidade que abranguía os monumentos, o arquivo municipal (ata 1923) e tamén as coleccións do Haags Gemeentemuseum. Van Gelder converteuse no director deste servizo desde a súa creación e ata a súa xubilación en 1941. Nese período construíuse o edificio do museo municipal, do que se encargou o arquitecto Hendrik Petrus Berlage, que se inaugurou en 1935.
Entre 1945 e 1947 foi o presidente da Comisión Nacional de Museos e en 1950 foi nomeado presidente da Comisión para a Promoción das Visitas aos Museos, promovida polo Ministerio de Educación, Artes e Ciencia dos Países Baixos.
Ademais da súa actividade laboral ordinaria, Van Gelder levou a cabo un amplo labor de investigación, que deron lugar a numerosas publicacións no campo da historia e da historia da arte, especialmente no anuario Die Haghe e en Oud-Holland. Desde 1913 ata a súa morte, foi editor desta última revista.
No ámbito familiar, Hendrik Enno casou en 1902 con Johanna Helena Scalongne (1876-1964), con quen tivo catro fillos, entre os que están o profesor de historia da arte Jan Gerrit van Gelder (1903-1980) e o tamén historiador da arte e guitarrista Dirk van Gelder (1907-1990).
Recoñecementos (1945): Comendador da Orde de Orange-Nassau. (1956): Medalla de ouro e cidadanía de honra da cidade da Haia."Dr. H. E. van Gelder kreeg gouden legpenning van de gemeente". En Het Vaderland. 17 de febreiro de 1956. Páxina 5 (1957): Doutor honoris causa pola Universidade de Ámsterdam.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía De Jong, A. A. M. (1979). "Gelder, Hendrik Enno van (1876-1960)". En Biografisch Woordenboek van Nederland, 1. A Haia. Wijsenbeek, L. J. F. (1964). "Hendrik Enno van Gelder (Amsterdam, 16 februari 1876-'s-Gravenhage, 24 juni 1960)". En Jaarboek van de Maatschappij der Nederlandse Letterkunde 1964. Páxinas 42-46.
Outros artigos Hendrik Enno van Gelder (numismático)
Categoría:Nados en 1876 Categoría:Nados en Ámsterdam Categoría:Finados en 1960 Categoría:Arquiveiros dos Países Baixos Categoría:Directores de museos Categoría:Alumnos da Universidade de Amsterdam Categoría:Doutores honoris causa pola Universidade de Amsterdam