Simon and Garfunkel foi un dúo musical de folk rock composto polo cantautor Paul Simon e o cantante Art Garfunkel, formado en 1957. Foron moi populares na década de 1960.
Traxectoria Coñecéronse mentres estudaban no instituto en 1957 e alí formaron o grupo Tom and Jerry, que tiña como canción senlleira "Hey Schoolgirl". Xa como Simon and Garfunkel o seu primeiro álbum "Wednesday Morning, 3 A.M" (1964) pasou desapercibido ata que o produtor, Tom Wilson tivo a idea de engadir guitarras eléctricas a un dos temas do álbum e relanzalo, o dúo saltou, pois, á fama en 1965 con "The Sound of Silence". A súa música foi banda sonora do filme que foi mítico para toda unha xeración, O graduado e que lles deu fama mundial. Cun novo estilo emparentado co folk Simon and Garfunkel estiveron entre os artistas máis populares dos sesenta con cancións como "Mrs. Robinson," e "Bridge over Troubled Water". Despois da súa ruptura en 1970 eles xuntáronse en varias ocasións, a máis coñecida foi o concerto de Central Park, que axuntou 500.000 persoas en 1981.
Discografía Wednesday Morning, 3 A.M. (1964) Sounds of Silence (1966) Parsley, Sage, Rosemary and Thyme (1966) Bookends (1968) Bridge over Troubled Water (1970)
Premios Premios Grammy En 1969 co single "Mrs. Robinson" do álbum The Graduate En 1971 con Bridge Over Troubled Water (galardoado como mellor álbum) En 2003 por toda a súa carreira musical
Na cultura popular O asteroide "1999 FP21" nomeouse "91287 Simon-Garfunkel" na súa honra. Cita Na película "Case Famosos" (Cameron Crowe), ao inicio desta, a irmá do protagonista (William Miller) entra á súa casa escondendo un disco de Simon and Garfunkel porque a súa nai non deixa aos seus fillos escoitar rock. Na película "Sucedeu en Manhattan" (Jennifer Lopez), Ty Ventura, fillo da protagonista, é un afeccionado ao grupo e pregúntase por que se separaron.
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial Páxina oficial de Simon Páxina oficial de Garfunkel
Categoría:Grupos musicais formados en 1957 Categoría:Grupos musicais de Queens Categoría:Grupos musicais separados en 1970 Categoría:Grupos musicais reunidos en 2009