Su Friedrich, nada en New Haven (Connecticut) o 12 de decembro de 1954, é unha directora de cinema de vangarda, produtora, guionista e directora de fotografía estadounidense.

Traxectoria Su Friedrich naceu en 1954. A súa nai era alemá e chegou aos Estados Unidos co pai de Friedrich, que estaba a traballar en Alemaña como G.I. nesa época.Su Friedrich, interview, in Scott MacDonald, A Critical Cinema 2: Interviews with Independent Filmmakers, Berkeley: University of California Press, 305. Friedrich estudou na Universidade de Chicago (1971–72) e no Oberlin College (1972–1975) onde recibiu unha licenciatura en arte e historia da arte. Vive e traballa en Brooklyn e é profesora do Center for the Creative and Performing Arts da Universidade de Princeton, onde dá clases de cinema e produción de vídeo dende 1998.

Carreira Os filmes de Friedrich adoitan combinar elementos narrativos, documentais e experimentias e habitualmente céntrase nos papeis das mulleres, a familia e a homsexualidade nos Estados Unidos contemporáneos. Dende o inicio da súa carreira a finais da década de 1970, Friedrich foi unha figura líder no cinema de vangarda e unha forza central no establecemento do Queer Cinema. A súa obra radicalizou a forma e o contido dos filmes incorporando unha perspectiva feminista e temas sobre a identidade lésbica e creando unha síntese salientable e innovadora dos xéneros experimental, narrativo e documental. Os filmes de Friedrich son multilingües, movéndose entre o persoal e o político, dende filmes autobiográficos sobre a familia á investigación dos conceptos da sociedade sobre a identidade sexual. A súa paleta cinematográfica inclúe filmes caseiros, material de arquivo, entrevistas e narracións guionizadas.

Friedrich recibiu o Cal Arts Alpert Award das artes e bolsas da Rockefeller Foundation e da John Simon Guggenheim Memorial Foundation, así como do New York State Council on the Arts, a New York Foundation for the Arts, o Independent Television Service e a Jerome Foundation. Os seus filmes recibiron numerosos premios.

A filmografía de Su Friedrich consérvase no Academy Film Archive. O arquivo incluíu Cool Hands, Warm Heart en 2019.

Filmografía Ano Título Lonxitude Formato Cor Son 1978 Hot Water 12 min super-8 branco e negro sonoro 1979 Cool Hands, Warm Heart 16 min 16mm branco e negro mudo 1979 Scar Tissue 6 min 16mm branco e negro mudo 1980 I Suggest Mine 6 min 16mm branco e negro e cor mudo 1981 Gently Down the Stream 14 min 16mm branco e negro mudo 1982 But No One 9 min 16mm branco e negro mudo 1985 The Ties That Bind 55 min 16mm branco e negro sonoro 1987 Damned If You Don't 42 min 16mm branco e negro sonoro 1990 Sink or Swim 48 min 16mm branco e negro sonoro 1991 First Comes Love 22 min 16mm branco e negro sonoro 1993 Rules of the Road 31 min 16mm cor sonoro 1993 Lesbian Avengers Eat Fire, Too 60 min vídeo cor sonoro 1996 Hide and Seek 65 min 16mm branco e negro sonoro 1999 Being Cecilia 3 min vídeo cor sonoro 2002 The Odds of Recovery 65 min 16mm cor sonoro2004 The Head of a Pin 21 min vídeo cor sonoro 2005 Seeing Red 27 min vídeo cor sonoro 2008 From the Ground Up 54 min vídeo cor sonoro 2013 Gut Renovation 81 min vídeo cor sonoro

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Su Friedrich at Senses of Cinema Su Friedrich at Outcast Films Scar Tissue at UbuWeb From the Ground Up at Microcinema From the Ground Up Nassau Weekly review by Martina Car From The Ground Up Curledupdvd.com review by Trent Daniel Seeing Red The New York Times review by Stuart Klawans Sink or Swim Chicago Reader review by Fred Camper The Films of Su Friedrich (Outcast Films) Senses of Cinema review by William C. Wees Media Arts Fellowship

Categoría:Nados en New Haven, Connecticut‎ Categoría:Nados en 1954 Categoría:Directores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Profesores da Universidade de Princeton Categoría:Estadounidenses de ascendencia alemá