María Eugenia Casar, tamén coñecida como Gina Casar, nada en 1959, é unha diplomática mexicana, actual Directora Executiva da AMEXCID (Axencia Mexicana de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento).

Traxectoria Do 7 de maio de 2014 ao 30 de outubro de 2015, Casar traballou como Administradora Asociada do Programa das Nacións Unidas para o Desenvolvemento (PNUD). Nese cargo sucedeu á costarriqueña Rebeca Grynspan. Na súa calidade de Administradora Asociada do PNUD, Casar tiña o rango de Secretaria Xeral Adxunta das Nacións Unidas. Antes de ser nomeada polo Secretario Xeral das Nacións Unidas Ban Ki-moon, Casar ocupara algúns cargos neste organismo como Subsecretaria Xeral de Planificación de Programas e representante do Secretario Xeral.

Anteriormente traballara no Programa Mundial de Alimentos (PMA) en Roma, onde foi Subsecretaria Xeral, Directora Executiva Adxunta de Xestión de Recursos e Directora Financeira, entre outros cargos. A súa experiencia a nivel nacional antes de incorporarse ás Nacións Unidas inclúe cargos como Tesoureira Nacional de México, Directora Financeira do Banco Nacional de Servizos Financeiros, Directora Xeral Adxunta do Sector Bancario da Secretaría de Facenda e Crédito Público e Vicepresidenta Adxunta da Comisión Bancaria Nacional de México.

Notas

Categoría:Nados en México Categoría:Nados en 1959 Categoría:Diplomáticos Categoría:Políticos de México