Mies vailla menneisyyttä é un filme finlandés de 2002 producido, escrito e dirixido por Aki Kaurismäki. O filme foi escollido como candidato de Finlandia para o Óscar ó mellor filme internacional na 75ª edición dos premios, sendo finalmente nomeado. Gañou o Gran Premio no Festival Internacional de Cinema de Cannes de 2002.Fauth, Jurgen. The Man Without a Past , About.com. Consultado o 5 de febreiro de 2008.

Sinopse Un home chega en tren a Helsinqui e é agredido brutalmente por tres individuos para roubarlle. A causa dos golpes recibidos, perde a memoria e con ela a súa identidade. Atopa axuda nun matrimonio de escasos recursos e de Irma, oficial do Exército de Salvación, coa que acabará tendo un idilio. Cando se atopa nun banco tentando abrir unha conta, un empresario arruinado entra para atracalo. No interrogatorio posterior, ao non poder dar os datos da súa identidade, é detido como sospeitoso de colaborar no atraco, mais un avogado ao servizo do Exército de Salvación consegue que o deixen en liberdade. Non obstante, a policía continúa a súa investigación e logra descubrir a súa identidade: é un traballador metalúrxico que está casado. Visita a súa esposa, quen lle comunica que acaban de divorciarse, polo que volve con Irma para retomar a súa relación.

Personaxes Markku Peltola como M Kati Outinen como Irma Juhani Niemelä como Nieminen Kaija Pakarinen como Kaisa Nieminen Sakari Kuosmanen como Anttila Annikki Tähti como director do mercado de pulgas Anneli Sauli como dono do bar Elina Salo como empregado do peirao Outi Mäenpää como empregado do banco Esko Nikkari como ladrón do banco Pertti Sveholm como detective de policía Matti Wuori como el mesmo (avogado) Aino Seppo como ex muller Janne Hyytiäinen como Ovaskainen Antti Reini como electricista

Notas

Véxase tamén Outros artigos Filmes de Finlandia propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 75ª edición dos Óscar

Ligazóns externas

Ficha en AllMovie Ficha en BoxOfficeMojo Ficha en Metacritic Ficha en RottenTomatoes

Categoría:Filmes de 2002 Categoría:Filmes en lingua finesa Categoría:Filmes de Finlandia Categoría:Filmes dirixidos por Aki Kaurismäki Categoría:Filmes ambientados en Helsinqui Categoría:Filmes sobre amnesia