Le Havre é un filme de 2011 producido, escrito e dirixido por Aki Kaurismäki e protagonizado por André Wilms, Kati Outinen, Jean-Pierre Darroussin e Blondin Miguel. Conta a historia dun limpabotas que tenta axudar a un mozo inmigrante que chega á cidade portuaria francesa de Le Havre. O filme foi producido pola compañía finlandesa de Kaurismäki, Sputnik, xunto coa compañías de Francia e Alemaña. É o segundo filme de Kaurismäki rodado en lingua francesa, despois de La Vie de Bohème de 1992.
O filme estreouse no Festival Internacional de Cinema de Cannes de 2011, onde recibiu o premio FIPRESCI. O filme foi escollido como candidato de Finlandia para o Óscar ó mellor filme internacional na 84ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.
Sinopse Marcel leva unha vida sinxela arredor da súa esposa Arletty, o seu bar favorito e a súa profesión de limpabotas. Cando Arletty enferma gravemente de súpeto, a vida de Marcel crúzase coa dun inmigrante ilegal africano menor de idade. Marcel e os seus veciños axúdano a agocharse da policía. O oficial de policía pode, ou non, estar preto deles.
Personaxes André Wilms como Marcel Marx Kati Outinen como Arletty Jean-Pierre Darroussin como Monet Blondin Miguel como Idrissa Elina Salo como Claire Évelyne Didi como Yvette Quoc Dung Nguyen como Chang Laika como Laika François Monnié como Grocer Roberto Piazza (aka Little Bob) como el mesmo Pierre Étaix como doutor Becker Jean-Pierre Léaud como denunciante
Notas
Véxase tamén Outros artigos Filmes de Finlandia propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 84ª edición dos Óscar
Ligazóns externas
Ficha en AllMovie Ficha en BoxOfficeMojo Ficha en Metacritic Ficha en RottenTomatoes
Categoría:Filmes de 2011 Categoría:Filmes en lingua francesa Categoría:Filmes de Finlandia Categoría:Filmes de Alemaña Categoría:Filmes de Francia Categoría:Filmes dirixidos por Aki Kaurismäki Categoría:Filmes rodados en Francia Categoría:Filmes ambientados en Francia Categoría:Filmes sobre inmigración