Lucía Veiga López, coñecida como Lucía Veiga e nada na Coruña en 1979, é unha actriz, monologuista e presentadora de televisión galega.

Traxectoria É licenciada en Filoloxía Hispánica pola Universidade da Coruña e traballou nunha tenda de móbiles antes de dedicarse á escena. Durante a súa etapa universitaria, colaborou coa emisora comunitaria Cuac FM (coa que seguiría colaborando puntualmente en actos como o do 25 aniversario), ademais de Xacarandaina e da Oficina de Acción Solidaria da universidade.

Con Marita Martínez formou Las Hermanas Izquierdo.

Foi a presentadora da Gala dos XIX Premios Mestre Mateo.

En setembro de 2022 converteuse na presentadora principal de Malicia Noticias.

En decembro de 2024 foi nomeada aos Premios Goya na categoría de Mellor Actriz Revelación polo seu papel en Soy Nevenka.

En xuño de 2025 converteuse na terceira muller en presidir a Academia Galega do Audiovisual dándolle relevo a Álvaro Pérez Becerra.

Actriz de televisión

Esloquehay.TV (2013). Late night Show Online. Aira Estudio. Elenco. Café Itaca (2015). Serie. La Tuerka Films. Elenco. Galicia Crime (2016). Webserie. Cousas Veredes. Protagonista. Peter Brandon, unha vida pola comedia (2017). Webserie. PorcoBravú. Elenco. Premio Mestre Mateo 2018. Vivir sin permiso (2017). Serie TV. Alea Media para Mediaset. Episodios. Os Mariachis (2018). Serie TV. Zopilote para TVG. Elenco. Serramoura (2018). Serie TV. Voz Audiovisual. Episodios. A estiba (2019). Serie TV. Voz Audiovisual. Episodios. A desorde que deixas (2019). Serie. Netflix. Episodios. Ti primeiro (2021). Vídeoxogo. Melgo Cinema para iOS e Android. Novela visual e interactiva sobre o amor. Clanes (2024). Serie. Vaca Films para Netflix. Rapa (2022-2024). Serie. Portocabo para Movistar Plus+. Secundaria. Celeste (2024). Serie. 100 Balas para Movistar Plus+.

Longametraxes

Soy Nevenka (2024). De Icíar Bollaín. Kowalski Films, Feelgood Media, Movistar Plus+. Reparto. As tres outras vidas de María Santiso (2024). De Roberto Alvite. Melgo Cinema. Reparto. As Neves (2024). De Sonia Méndez. Cósmica Producións, Aquí y Allí Films. Mi ilustrísimo amigo (2024) de Paula Cons

Curtametraxes

As tres vidas de María Santiso (2022). Falso tráiler. De Roberto Alvite. Melgo Cinema. Secundaria. As tres caídas de María Santiso (2018). De Roberto Alvite. Melgo Cinema. Protagonista.

Programas TV

Malo será (2018). Tex45 e Cyrano para TVG. Protagonista. Luar (2018, 2021, 2022, 2023). RTVG. Seccións. Como Sabela en 2022, Merche (con Julito) en 2023. Malicia Noticias (2020-2024). TVG. Presentadora e actriz.

Teatro

Alen da Croa (2012). Quique Peón Cía. Bailarina e actriz. Improteka cum laude (2014). Improteka. 2011. Los Duguis Impor (2016). Improcadabra, Cadena Impropetua. Eu queríame casare (2017-2018). Dínamo producións. Quero ser maior (2017-2018). Axóuxere Teatro.

Premios

2023: Premio Feroz á mellor actriz secundaria por Rapa. 2023: Mellor interpretación feminina por Rapa, Premios Mestre Mateo. 2024: Premio Mestre Mateo á mellor comunicadora. 2025: Nomeada ao Premio Goya á Mellor Actriz Revelación por Soy Nevenka.

Notas

Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1979 Categoría:Alumnos da Universidade da Coruña Categoría:Actores da Coruña Categoría:Presentadores da TVG Categoría:Premio Mestre Mateo á mellor interpretación feminina protagonista Categoría:Premio Mestre Mateo á mellor interpretación feminina secundaria