A Roda é un grupo de música tradicional galega.

Traxectoria A Roda naceu en 1976, durante a transición, formado por amigos que adoitaban cantar nas tabernas. O seu primeiro disco, que incluía clásicos como "Pousa, pousa", "O andar miudiño" e "O gato", foi un éxito de vendas e acadou en 1978 un dos Premios da Crítica de Galicia. web da Fundación Premios da Crítica de Galicia.

No seu seu segundo LP, Falemos galego, incluíanse as coñecidas "Foliada do Celta" e "Falemos galego". O terceiro, Pra os amigos, seguiu a liña dos anteriores. Foi a partir de entón que comezaron a tocar por toda Galiza e por Centros Galegos na diáspora, como Venezuela, México, Panamá, Arxentina, Gran Bretaña ou Bélxica.

Logo dunha longa etapa sen gravar, en 1990 presentaron Os mariñeiros, no que aparece a picaresca e retranqueira cantiga "Os bistéqueles". Dous anos máis tarde, en 1992, apareceu o seu quinto traballo, Eu teño un compadre, que significou un punto de inflexión na formación, entón renovada e baixo outra dirección. Comezan a compor temas propios ("A gaivota") e a musicar textos literarios, como "Eu teño un compadre", de Fermín Bouza Brey. En 1993 apareceu o primeiro recompilatorio, A Roda rodando. En 1995 apareceu a escolma Lembranzas.

En 1996 editouse Na branca noite, como homenaxe á importancia do xénero das panxoliñas no conxunto do cancioneiro popular galego e na literatura galega en xeral.

En 2020, foi galardoado coa medalla Castelao.

Discografía 300px|miniatura|Entrega dos Premios da Cultura Galega 2018. A Roda (1977) Falemos Galego (1979) Pra os Amigos (1980) Os mariñeiros (1990) Eu teño un compadre (1992) A Roda Rodando (1993) Lembranzas (1994) Os Quintos (1995) Na Branca Noite (1996) Galicia terra única (1997) Onde Galicia é Portugal (1998) R. C. Celta - A Roda (1999) Aí o vén (1999) O son do camiño (2004) A Roda alalá adora (2006) Outra volta de roda (2014)

Nota

Véxase tamén Outros artigos Fito Domínguez Ligazóns externas Páxina oficial do grupo myspace do grupo

Roda Categoría:Medallas Castelao Categoría:Grupos musicais en galego