Víctor Damián Sáez Sánchez-Mayor, nado en Budía, Guadalaxara, o 12 de abril de 1776 e finado en Sigüenza o 3 de febreiro de 1839, foi un político e relixoso do século XIX. Vinculado aos sectores máis absolutistas, actuou como confesor de Fernando VII, quen tivo que destituílo durante o Trienio liberal (1820 - 1823), polo que pasou ao posto de cóengo de Toledo. Coa caída do réxime constitucional volveu ao poder. Foi nomeado Ministro do Estado no primeiro goberno da rexencia absolutista en España (1823). Desde este cargo dirixiu a reacción absolutista con tal rigor, que tiveron que pedir a súa dimisión.
O mesmo día do desembarco do rei Fernando VII en España (outubro de 1823), o monarca ratificouno como Ministro do Estado; pero coa chegada de Fernando a Madrid, foi cesado e foi nomeado bispo de Tortosa. Dende entón non participou máis na vida política.
Véxase tamén
Outros artigos Lista de presidentes de España.
Categoría:Presidentes de España Categoría:Bispos católicos de España Categoría:Nados en 1776 Categoría:Finados en 1839 Categoría:Ministros de Asuntos Exteriores de España Categoría:Nados na provincia de Guadalaxara